As liñas de investigación do Grupo de Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela son as seguintes:
-Investigación das demandas dos novos consumidores, anunciantes e audiencias con especial atención os lectores e sectores económicos emergentes.
-Estudio das perspectivas e tendencias no ámbito da comunicación na Unión Europea.
-Laboratorio de proxectos e de elaboración da información., con especial atención á arquitectura da información.
-Estudio continuo dos medios electrónicos e impresos.
-Observatorio europeo de comunicación local.
-Análise permanente dos productos informativos dos mercados globais e locais
Os servizos que ofrece na actualidade o grupo son:
-Plans de comunicación corporativa e de comunicación integral.
-Auditorías de comunicación.
-Deseño e elaboración de productos informativos -medios impresos e medios electrónicos en rede-.
-Elaboración de páxinas web, arquitectura da información e servicios informativos.
Unha longa traxectoria
O grupo de investigación en Novos Medios da Universidade de Santiago de Compostela
realizou xa catro proxectos de investigación financiados por Organismos Públicos e publicou oito libros relacionados con xornalismo electrónico e coa Arquitectura da Información. Ademais, foi o organizador dun congreso internacional sobre xornalismo electrónico e é o organizador da Reunión Científica Anual da Sociedad Española de Periodística. Neles abordáronse temas referidós á xestión de arquivos audiovisuais.
Os membros de Novos Medios participaron no ano 2004 en 15 congresos e simposiums nacionais e internacionais, salientando a presenza no Online Journalism Symposium de Austin (Texas), en varios foros celebrados en Tampere (Finlandia), Londres e Novo York, así como noutros eventos científicos celebrados en España, como o “Forum das Culturas” de Barcelona ou o “New Research for New Media” de Tarragona. Na actualidade colabora en varios proxectos de investigación coas universidades de Navarra, País Vasco e Málaga. Forma parte da investigación europea COST A20.
En decembro de 2008 o grupo Novos Medios é inscrito no catálogo de grupos de investigación pertencentes ao sistema público de I+D+I de Galicia co código 08IDI0487, de acordo co establecido na Orde do 10 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño), de creación do citado catálogo, que está publicado na seguinte páxina web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación: http://www.conselleriaiei.org/catalogogrupos/.