Proxectos

INVESTIGACIÓNS EN CURSO

Evolución de los cibermedios españoles en el marco de la convergencia-Arquitectura de la información

Director
Xosé López García
Entidade financiadora
Ministerio de Ciencia e Innovación
Entidades participantes
Universidade de Santiago de Compostela

Tendencias na converxencia dos medios de comunicación en Galicia: 2007-2010

Director
Xosé López García
Entidade financiadora
Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia
Entidades participantes
Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia

Converxencia dixital nos medios de comunicación – Medios

Director
Xosé López García
Entidade financiadora
Ministerio de Educación e Ciencia
Descrición
Esta investigación está integrada nun proxecto coordinado que o grupo Novos Medios desenvolverá en colaboración coas universidades do País Vasco, de Navarra, de Málaga, de Murcia e Complutense de Madrid. O proxecto, en trámites de aprobación ministerial na actualidade, pretende analizar o impacto da tecnoloxía digital nos procesos editoriais, perfís profesionais e modelos empresariais dos medios en España, con especial atención polos cibermedios.

Plataforma de xestión dixital da cultura galega (en colaboración coa Editorial Galaxia)
Director
Miguel Túñez López
Financiación
Subvención dos programas sectoriais de investigación aplicada, Peme I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite)

INVESTIGACIÓNS DESENVOLVIDAS CON ANTERIORIDADE POLO GRUPO

1. Análise de contidos organizacionais e formais dos medios de comunicación en liña en Galicia: experiencias e alternativas

Director
Xosé Ramón Pousa Estévez

Entidade financiadora
Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía

Descrición
Neste proxecto de investigación analizáronse os contidos, a usabilidade e o deseño dos medios de comunicación que operan na rede, co obxectivo de establecer os patróns de idealidade comunicativa no ciberespacio.

2. O impacto de Internet nos medios de comunicación en España – Radio

Director

Xosé López García

Entidade financiadora
Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía

Descrición

Este proxecto buscou coñecer o panorama actual de cibermedios en todo o estado español. Para iso, creouse un censo de cibermedios. O proxecto, no que participaron as universidades de País Vasco, Navarra, Málaga e Santiago de Compostela, estivo coordinado por Javier Díaz Noci, profesor da Universidade do País Vasco, e foi publicado no libro .

3. Análise dos contidos textuais e dos aspectos formais dos diarios galegos

Director
Xosé López García

Entidade financiadora
Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (Xunta de Galicia)

Descrición
O proxecto consistiu en analizar polo miúdo os contidos e a organización da información dos xornais galegos. Avaliouse a calidade da información atendendo a varios criterios coma a identificación dos actores, o uso de fontes, os modelos de titular, etc. Este proxecto foi publicado no libro .


4. A información do Prestige

Directores
Xosé Lopez e Manuel Martínez Nicolás

Descrición
O proxecto analizou a información publicada sobre o “caso Prestige” por catro xornais: La Voz de Galicia, El Correo Gallego, ABC e El País. Tratouse de averiguar como se configurou a axenda informativa destes medios de comunicación, prestando especial atención ós actores da información.

5. O discurso dos medios impresos no caso das “vacas tolas”

Director
Xosé Lopez

Descrición
O proxecto naceu coa vontade de coñecer o discurso que os medios impresos galegos construíron en torno ó caso das “vacas tolas” para esclarecer, en último termo, se a prensa galega creou arredor do asunto das “vacas tolas” un debate plural no que tódolos sectores afectados contaron cunha presencia similar nas páxinas dos periódicos. Deste traballo naceu o libro .


6. A imaxe de Portugal e Galicia na prensa dos dous países

Director
Xosé Lopez e Jorge Pedro Sousa

Descrición

O obxectivo deste traballo foi identificar e describir as imaxes que ofrece a prensa portuguesa de Galicia e as que ofrece a prensa galega de Portugal. Tratouse de afondar en cómo se ven mutuamente galegos e portugueses a través da prensa que consumen. Deste proxecto naceu o libro .