Castells sintetiza en 6 as funcións que a universidade ten desenvolvido ao longo da súa historia:
- A universidade que produce valores e lexitimación social propia da fase na que as escolas teolóxicas centraban a actividade universitaria.
- Función de selección de elites a través da súa educación e da configuración da súa rede social.
- A universidade formadora de profesionais propia da universidade tecnolóxica.
- Función de produción de coñecemento. Castells fala da universidade científica, función tardía que comezou a desenvolver na segunda metade do s.XIX en Alemaña e logo importada polos E.U.A. a finais dese mesmo século.
- A universidade educadora de masas. A universidade xeralista que estende o dereito á educación universitaria a todo o mundo. Os recursos non medran proporcionalmente ás necesidades plantexadas polo incremento de alumnos. Trátase do que Castells acuñou como “café para todos, pero descafeinado”.
- Función emprendedora. A universidade emprendedora xestiona a conexión entre o mundo da empresa e a produción de coñecemento que se desenvolve no seu seo. É a encargada de trazar pontes de relación para que o fluxo de coñecementos entre a universidade e a necesidade de desenvolvemento de aplicacións e tecnoloxías da empresa privada sexa continuo, frecuente e de calidade.
Ningunha universidade desenvolve as seis funcións na súa totalidade xa que segundo Castells é “imposible” que isto suceda. Hoxe en día, as institucións universitarias deberían centrarse en acadar calidade na súa actividade desenvolvendo algunha das funcións anteriormente descritas. A excelencia debe ser un dos fins primeiros das universidades xunto coa súa función de servizo público (que non implica a exclusión das universidades privadas que realicen tamén unha boa labor de servizo á público) e a necesidade de autoconstituirse como espazos con autonomía propia para servir á sociedade nun contorno de liberdade.

“A universidade é a institución central do mundo en que vivimos”. Deste xeito comezou Manuel Castells a conferencia que impartiu onte na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados da USC. Este papel central que Castells apunta susténtase no feito de que son as universidades e non outras institucións as principais produtoras de coñecemento así como as responsables de formar a quen manexa, aplica e xestiona ese coñecemento. A intervención, titulada “A Universidade na era da información” serviu para que o profesor Castells apuntara as función básicas da universidade, herdanza das diferentes etapas históricas polas que pasou, así como para tratar temas tan interesantes como a necesidade de reciclaxe que os traballadores experimentan no mundo actual e as formas de facerlle fronte valéndose das novas tecnoloxías ou a relación entre as disciplinas do coñecemento científico e a súa relación.
Iremos publicando algunhas reflexións que o profesor Castells realizou durante a conferencia de onte.

manuel castells
Manuel Castells acompañado por Manuel Gago (esquerda) e Xosé Pereira (dereita).

A Facultade de Ciencias da Comunicación tivo a honra de contar hoxe coa presencia do catedrático Manuel Castells, que foi acompañado na súa visita polos profesores Xosé Pereira, Manuel Gago e polo investigador Carlos Toural.

Manuel Castells, profesor da Universitat Oberta de Catalunya, Catedrático Emérito de Socioloxía e Catedrático de Planificación Urbana e Rexional da University of California (Berkeley), impartirá este xoves a conferencia titulada “La universidad en la era de la información”. O acto terá lugar na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados no Parque de Vista Alegre, en Santiago de Compostela, o xoves día 15 ás 19:00 horas.

Na páxina de Novos Medios daremos boa conta do que o profesor Castells aporte a esa visión sobre a relación entre a universidade e o período histórico que está a vivir, a era da información.

O catedrático e director da Escuela de Comunicación de la Universidad de Puerto Rico Eliseo Colón reuniuse este martes cos membros do grupo Novos Medios cos que compartiu as súas reflexións sobre a situación actual do xornalismo e da docencia e investigación en comunicación.

Coincidindo con algunhas das ideas debatidas durante o curso “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica” ao que asistiu e no que compartiu as súas primeiras impresións con membros do grupo, Colón considera que as empresas mediáticas “tienen que adaptarse a los cambios que traen las nuevas tecnologías. […] El proceso de convergencia no es otra cosa que la disolución de las fronteras entre la publicidad, la información y el entretenimiento”, é por isto que son necesarios profesionais preparados para traballar con “nuevas formas de hacer y de ver”.

Eliseo Colón considera que “tarde o temprano todas la facultades de comunicación serán otra cosa. La relación entre Publicidad, Comunicación Audiovisual y Periodismo tiene que cambiar. […] Hoy en día la mayor parte de la información que aparece en los medios procede de notas de prensa elaboradas en los departamentos de marqueting en los que trabajan personas formadas en publicidad, por ejemplo”. Colón vai máis alá e afirma que es necesario que os docentes en comunicación dialoguen con enxeñeiros: “hablando con directores de importantes cabeceras me dicen que si fueran a contratar a un recién licenciado en comunicación buscarían que además supiera manejar bases de datos y fuera un buen investigador”. Segundo o catedrático hoxe en día na rede podemos atopar máis información da que nos chega polas fontes tradicionais, pero é necesario que os xornalistas teñan os coñecementos necesarios para acceder a esas informacións, “hablo de investigación de verdad, no de periodismo especializado”, afirma.

Esta afirmación pronunciada polo profesor Francisco Campos foi unha das reflexións máis escoitadas durante o curso “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica” celebrado no Mosteiro de Aciveiro.

Dirixido polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e organizado no marco dos cursos de verán ofrecidos pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, este evento contou coa presenza persoeiros de relevancia coma Xosé Luis Barreiro Rivas, Ramón Reig, Marcial Murciano, Rosario de Mateo, Alfonso Sánchez Tabernero, Francisco Campos, Francisco Esteve, Fernando Salgado, Rosa Franquet, José Luis Dader e Ramón Salaverría.

Ante panorama actual de crise económica mundial non podemos obviar a repercusión no sector dos medios de comunicación. Nos últimos meses chegáronnos numerosas noticias sobre o peche de destacadas cabeceiras, a reducción de plantillas e a reestructuración de redaccións. Segundo Rosario de Mateo “Lo peor de la crisis no ha llegado […]. Los medios españoles se han ido endeudando para invertir en otros medios de comunicación para diversificar la actividad económica y competir con otros medios. Además de endeudarse, los grandes grupos han salido a bolsa. Todos han perdido más del 75%”. Pero a realidade é que mentres os medios de comunicación aumentan a súa débeda e ven peligrar a súa estabilidade económica, as cifras de audiencias sorprenden positivamente. Por todo esto os expertos máis que de crise falan de un proceso de transición. “No se trata de seguir cabalgando en el mismo caballo cansado, sino bajarse de él y repensar el modelo de negocio para ofrece información y entretenimiento de la mejor forma posible”, afirma Alfonso Sánchez Tabernero.

Ramón Salaverría e Sánchez Tabernero insistiron na idea de que para sair vitoriosos deste proceso de transformación o que teñen que facer as empresas de comunicación e deixar de “equivocarse”. Salaverría apuntou á necesidade de “romper con la brecha generacional en las redacciones”. Sucede agora mesmo que mentres as audiencias das edicións electrónicas dos medios ven como aumenta o número de usuarios, a súas redaccións continúan a ser redaccións novas formadas por xornalistas con moitas destrezas e pouca experiencia. Rosa Marquet destacou a necesidade de que os xornalistas máis experimentados fornezan de coñecemento ás novas xeracións que alimentan as edicións electrónicas. Segundo Ramón Salaverría é importante comezar a regulamentar o que se fai na rede creando libros de estilo adaptados ás súas potencialidades, “¿es legítimo que una noticia online sea corregida sin dejar constancia de que anteriormente se había publicado un error?”.

O curso ten lugar no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) durante hoxe e mañá.

Ás 9:30h quedaba inaugurado o curso titulado “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica”. Dirixido polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e organizado no marco dos cursos de verán ofrecidos pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, este evento trata de ser, en palabras do seu director, “un foro de debate onde se analice o panorama actual do ámbito comunicativo no contexto da crise económica” así como se “reflexionará sobre os datos que aportan as empresas mediáticas en termos de negocio así coma sobre os modelos que adoptan para solucionar os problemas nos que están inmersas”.

Na inauguración tamén participaron o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, que fixou a atención dos presentes enfatizando a importancia histórica dun sistema mediático, o galego, que na actualidade “supón 200 millóns de euros de negocio ao ano e dá emprego a máis de 1.600 traballadores”.

Xosé Luis Barreiro Rivas (director da UIMP en Galicia), Ramón Villares (presidente do Consello da Cultura Galega) e David Raposeiras (alcalde do concello de Forcarei) deron a benvida aos asistentes ao curso e dispuxéronse a participar activamente no foro que tentará estudar a situación actual do sistema mediático, a influencia que ten nel a crise e as posibles medidas que os medios poden tomar para afrontar a coxuntura de recesión pola que atravesan.

É o tempo agora de que os relatores (entre os que se atopan persoeiros de relevancia coma Ramón Villares, Xosé Luis Barreiro Rivas, Ramón Reig, Marcial Murciano, Rosario de Mateo, Alfonso Sánchez Tabernero, Francisco Campos, Francisco Esteve, Fernando Salgado, Alfonso Sánchez Inzquierdo, Rosa Franquet, José Luis Dader e Ramón Salaverría) poñan enriba da mesa a problemática existente no eido mediático e provoquen o debate do que se esperan conclusións positivas para a análise e definición da crise dos medios e as medidas a adoptar para poñerlle remedio.

Os próximos días 21 e 22 de setembro, algúns dos expertos máis recoñecidos do ámbito académico da comunicación e o xornalismo debatirán sobre os efectos que está a ter a crise económica nos medios de comunicación durante o curso La crisis de la comunicación en tiempos de recesión, dirixido por Xosé López, Xosé Pereira e Xosé Rúas. Ramón Salaverría, Rosa Franquet, Marcial Murcinao e Alfonso Sánchez-Tabernero (entre outros) reflexionarán tamén sobre a cobertura que os medios de comunicación están a aplicar á complexa situación económica do momento actual.

Este curso de análise e debate celébrase no marco das actividades organizadas pola Universidad Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e terá lugar no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra). Para máis información, podedes visitar a páxina oficial.

Este 21 de julio ha sido inaugurada en Ciudad de México la 52 Conferencia de la International Association for Media and Communication Research (IACMR). Bajo el título genérico de “Derechos humanos y comunicación”, del 21 al 24 de julio tendrán lugar en el Centro Cultural Universitario Tlatelolco de la UNAM 4 sesiones plenarias en las que participarán destacados investigadores en Comunicación y 194 sesiones de trabajo en las que serán presentadas 780 ponencias elaboradas por cerca de 1.000 investigadores provenientes de 70 países.

Resulta de gran pertinencia la celebración de un congreso acerca de los derechos humanos y la comunicación en un país como México, en el que el 47% de la población no accede a unos estándares mínimos en cuanto a los derechos de subsistencia. En franca y diáfana relación con el débil establecimiento y el poco respeto a los derechos humanos en el país azteca se halla el hecho de que tan sólo el 18% de las instituciones educativas de primaria y secundaria poseen acceso a Internet de banda ancha. Además, como se señaló de modo reiterado en la sesión inaugural, México carece de una televisión abierta pública de ninguna índole. En este sentido, se lanzó la idea de elaborar una Declaración conjunta de los participantes en el Congreso para pedirle al gobierno mexicano que permita al fin la creación de una televisión pública y ciudadana.

Tal y como indicó Daniel Cazés, exdirector del Centro de Investigaciones Interdisciplinarias en Ciencias y Humanidades de la UNAM, la celebración de la 52 Conferencia de la IAMCR/AIECS/AIERI en México D.F. está impregnada de un gran simbolismo. En la cultura azteca el número 52 significaba el final de un ciclo dentro de la rueda calendárica, simbolizaba un final precedente siempre de un nuevo y prometedor inicio.

La propia ubicación de la reunión en Tlatelolco también se encuentra en consonancia con el espíritu del Congreso. No en vano, el 2 de octubre de 1968 tuvo lugar en la Plaza de las Tres Culturas –lindante con el Centro Cultural de Tlatelolco- la masacre de una masa de jóvenes que luchaban por la implantación de los Derechos Humanos en México. Tras los luctuosos hechos fueron creadas la Comisión Nacional, las diversas Comisiones Estatatales y la de México D.F. en aras de conseguir el reconocimiento de los Derechos Humanos en el país.

En México están presentes membros do grupo Novos Medios que presentarán na mañá do día 22 a comunicación “Databases: touchstone for the quality journalism and the academic reserach” na que se reflexiona sobre a importancia que teñen adquirido as bases de datos no traballo dos novos xornalistas do s.XXI.

O programa central da conferencia internacional IAMCR 2009 que ten lugar en México DF entre o 21 y el 24 de xullo poderá seguirse online a través da canle do congreso (www.canaldelcongreso.gob.mx), así como a través dos servicios de Webcast (http://webcast.unam.mx) e Podcast (http://podcast.unam.mx).

« Prev - Next »