Nacido en Santiago de Compostela, en 1953, é profesor Titular de Comunicación Audiovisual e Publicidade da USC dende 1996, donde imparte materias relacionadas con Radio e Televisión. Doctor en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona, dende 1995, donde tamén se licenciou en Xornalismo en 1978. Na súa actividade profesional, foi redactor-fundador do Semanario A Nosa Terra (1977-79), Redactor de La Voz de Galicia (1979-1994), Director de Antena 3 de Radio en Santiago de Compostela (1990-1994). E autor de varios libros, destacan: O Sistema Radiofónico en Galicia e A Imaxen sonora da Radio en España. Na actividade investigadora traballa no campo do estudio da Programación e as Audiencias radiofónicas en Galicia e na evolución tecnolóxica e as novas linguaxes audiovisuais.