Teresa de la Hera

Teresa de la Hera (Palma de Mallorca, 1981) é Licenciada en Xornalismo (na especialidade de Xornalismo Electrónico e Multimedia) e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Grupo de Investigación Novos Medios dende o ano 2006. Obteu o DEA en xullo de 2008 polo seu Traballo de Investigación Titorizado “Narratividad en videojuegos publicitarios online. Análisis del caso: “Get the Glass!”. Dende novembro de 2008 goza dun contrato predoutoral outorgado pola Universidade de Santiago de Compostela para a realización da súa tese de doutoramento sobre Estructuras Persuasivas en Advergames. Entre outubro de 2010 e febreiro de 2011 realizou unha estancia de investigación na Universiteit van Amsterdam. Durante o curso académico 2011-2012 é investigadora visitante no Centre for the Study of Digital Games and Play da Utrecht Universiteit, en Holanda.