Teresa de la Hera (Palma de Mallorca, 1981) é Licenciada en Xornalismo (na especialidade de Xornalismo Electrónico e Multimedia) e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Grupo de Investigación Novos Medios dende o ano 2006. Na actualidade goza dun contrato predoutoral outorgado pola Universidade de Santiago de Compostela para a realización da súa tese de doutoramento sobre Narratividade en Videoxogos Publicitarios online.