Moisés Limia naceu en Xinzo de Limia (Ourense) en 1980. Licenciouse en Xornalismo (orientación ‘Xornalismo Audiovisual’) na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e, desde o ano 2004, desfruta dunha bolsa de estudos concedida pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia) para a realización da súa tese de doutoramento, sobre as relacións entre literatura e xornalismo na obra de Gabriel García Márquez. Actualmente, tamén está matriculado no programa de doutoramento ‘Teoría da Literatura e Literatura Comparada’.
Moisés Limia forma parte do grupo Novos Medios desde outubro de 2004.
É coeditor da obra Tendencias en el ciberperiodismo iberoamericano. Ponencias do Congreso Iberoamericano de Xornalismo Dixital e coautor do libro Cibermedios. El impacto de Internet en los medios de comunicación en España.