Marta Pérez Pereiro (Vigo, 1976) é profesora axudante da Facultade de Ciencias da Comunicación. É licenciada en Ciencias da Comunicación e ten un grao en Communication Studies pola Universidade de Glamorgan.
Traballou na Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega onde a súa principal liña de investigación foi o xornalismo histórico galego. Neste ámbito analizou publicacións como o Galicia. Diario de Vigo e a obra xornalística de autores como Sofía Casanova e Eduardo Blanco Amor. Precisamente o traballo deste último,deu lugar á edición de Crónicas en La Nación (Galaxia, 2004), en colaboración con Xosé López e Luís Álvarez Pousa.
As súas liñas de investigación son o xornalismo histórico galego, o cómic xornalismo, en particular a obra do autor Joe Sacco, e o humor nos medios de comunicación en Galicia, tema sobre o que está a elaborar a súa tese de doutoramento.
Como docente imparte a materia Xéneros de interpretación e de opinión na escrita.