Licenciada e doutora pola Universidade Complutense de Madrid. Profesora do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidaed de Santiago de Compostela, impartindo materias vencelladas coas tecnoloxías da información e da comunicación.Como membro do grupo de investigación “Novos Medios” da USC, desenvolveu distintas análises e informes relacionados co ámbito do xornalismo hipermedia e interactivo, así como estudios sobre prototipos de comunicación multimedia elaborados polos membros do grupo, sen esquecer a posta en marcha do Observatorio de Novos Medios a través do que se analizan as últimas tendencias e movimentos no ciberxornalismo galego, español e mundial. Participou e participa en proxectos que investigan e estudan toda unha gama de pontos de vista sobre o entorno do xornalismo hipermedia e interactivo, a súa evolución e perspectivas de futuro. Polo tanto, as liñas de traballo científico encamiñanse cara o deseño de contidos interactivos, a infografía, a construcción de mensaxes e o papel da tecnoloxía como instrumento para a realización dos labores informativos. Junto ao tamén profesor da USC Xosé López, escribiu, entre outros,o libro “As factorías da sociedade da información. Producción de contidos para Internet. Ten participado en diversas xuntanzas e congresos con ponencias e comunicacións nas que se trataron asuntos asuntos relacionados co entorno de Internet, tanto desde a óptica do xornalismo como desde a estructuración das mensaxes, así como desde a perspectiva da súa funcionalidade estética.