María Dolores Calvo Ferreiro (Brión, 1981) é licenciada en Xornalismo, especialidade en Xornalismo Electrónico e Multimedia, e en Comunicación Audiovisual, especialidade en Dirección e Guión Cinematográfico, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Nos últimos anos, desenvolveu o seu labor profesional nos gabinetes de prensa do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), a Compañía Radio Televisión de Galicia (CRTVG) e a Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén se fixo cargo do deseño e a elaboración de materiais didácticos para a información académica dos campus.
As súas liñas de investigación xiran en torno á interactividade e a participación cidadá, tanto en Internet como nos medios de comunicación tradicionais, e a imaxe, o deseño gráfico e a infografía na prensa escrita, tema este último sobre o que está a realizar a súa tese de doutoramento.