Manuel Gago Mariño (Palmeira –Ribeira-, 1976), é profesor asociado no Departamento de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, impartindo materias do itinerario de xornalismo electrónico e multimedia. Ao mesmo tempo, é director de culturagalega.org, o portal de divulgación cultural do Consello da Cultura Galega.
Manuel Gago traballa habitualmente en temas de arquitectura, deseño e organización da información en medios dixitais e ten publicado numerosos libros, artigos e relatorios ao respecto. Entre eles, é coautor do Manual de Redacción Ciberperiodística (Ariel, 2004), a primeira gran iniciativa para compilar o coñecemento sobre técnicas de comunicación dixital no Estado español e é coautor, así mesmo, de Sistemas Digitales de Información (Pearson, 2006), no que se busca a aproximación entre a nacente disciplina da arquitectura da información e o periodismo dixital.
O seu blog persoal é Capítulo 0