José Pereira Fariña (Moraña - Pontevedra, 1976) é profesor axudante do Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación Novos Medios da USC. Na actualidade, ocupa tamén o posto de Coordinador de Comunicación Interna e Imaxe Institucional da universidade compostelá.
Entre as súas publicacións, figuran varios artigos en revistas internacionais e participou na redacción de varios libros sobre o ciberxornalismo, coma o Manual de Redacción Ciberperiodística (Ariel, 2004) e Sistemas digitales de información (Pearson, 2006).
Na actualidade, traballa en varios proxectos de investigación vinculados á análise de contidos e á converxencia dixital entre os diferentes soportes de comunicación.