Licenciado en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid (1978) e Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (1993), é profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación desde a primeira promoción da titulación de Xornalismo, en 1990. Profesor titular de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela desde 1994, imparte as asignaturas de Dirección e Xestión das Empresas Informativas e Audiovisuais e Estructura do Sistema Audiovisual. MBA en Dirección e Xestión de Empresas Industriais e de Servizos (1994) e Experto Europeo en Xestión de Calidade (2006), formación esixible para a acreditación de auditoría de calidade (EOQ, ISO, EFQM) da Asociación Española da Calidade (AEC).
Especializado nas áreas de producción, organización, xestión e dirección das Empresas Informativas, comenza a súa actividade profesional como responsable de producción editorial en Madrid (1974-78), para pasar logo ó xornalismo como redactor na Coruña e logo delegado de La Voz de Galicia en Lugo (1979-85), subdirector e director de La Región de Ourense (1985-1990), director xeral da Axencia Galega de Noticias (1990-94), director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia (1994-2005) e presidente da FORTA (1994, 1997, 2001 e 2004).
Traballa na investigación da Empresa Familiar de Comunicación, tema sobre o que versa a súa tese de Doutoramento (A empresa familiar de Prensa en Galicia, USC, 1993), sobre a aplicación das normas internacionais de calidade (ISO) ás Empresas Informativas e particularmente a Internet, sobre Responsabilidade Social Corporativa, Industriais Culturais e da Comunicación, Economía dos Medios e sobre a Estructura e Políticas de Comunicación aplicadas ó Sistema Audiovisual. Membro da Asociación Galega de Investigadores da Comunicación (ASGIC), Arquivo da Comunicación do Consello da Cultura Galega, Sociedade Española de Periodística (SEP), ULEPICC-España, Fundación TIC, Asociación Internacional de Marketing de Periódicos (INMA) e Asociación Mundial de Periódicos (WAN).