Celia M. Fernández Rivera (Pontevedra, 1983) é Licenciada en Xornalismo (na especialidade de Xornalismo Electrónico e Multimedia) pola Universidade de Santiago de Compostela. Pertence ao Grupo de Investigación Novos Medios dende o ano 2006. Na actualidade participa no proxecto de investigación “Convergencia digital en los medios de comunicación”, destinado a detectar e analizar procesos de converxencia nos medios de comunicación en España. No curso 2007 / 2008 comeza a súa etapa de tese na Facultade de Ciencias da Comunicación.