Carmen Costa naceu en Ferrol (A Coruña) en agosto de 1981. Licenciouse en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante o curso2005/2006 foi bolseira do Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega (CCG). Desde fins de 2006, desfruta dunha bolsa de estudos concedida pola Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia) para a realización da súa tese de doutoramento sobre a comunicación de crise na área da saúde.

Carmen Costa forma parte do grupo Novos Medios desde setembro de 2004.

Dende o ano 2005, é coordinadora do curso de Formación Continua ‘Gabinetes de Comunicación. Información en situacións de crise’ que se celebra con periodicidade anual na USC.