Carlos Toural Bran

Carlos Toural naceu en Palas de Rei (Lugo), en abril de 1984. Licenciado en Xornalismo (na especialidade de Xornalismo Electrónico) pola Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao Grupo de Investigación Novos Medios dende o ano 2006. Na actualidade goza dun contrato predoutoral María Barbeito no marco do Programa de Recursos Humanos da Xunta de Galicia e está a traballar na súa tese de doutoramento.