Archive for the 'Publicacións' Category

Celébrase os días 10, 11 e 12 de decembro deste ano 2010

Todos os que esteades interesados en participar dun encontro onde o xornalismo dixital e a transición entre a web 1.0 e a web 2.0 son o eixo central estades a tempo. A Universidade do País Vasco organiza o II Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0, que se celebrará os días 10, 11 e 12 do vindeiro mes de decembro. Os que participedes no congreso teredes a oportunidade de asistir a conferencias e coloquios onde se tratará o novo modelo de produción da información que os medios de comunicación dixitais están a asumir coa necesaria adaptación á web 2.0.

No contexto actual, as audiencias non só demandan contidos, senón que se postulan como fontes produtoras de información. Os medios dixitais deben aprender a incorporar as achegas dos seus usuarios ao seu discurso, facer partícipe á audiencia do medio e crear unha corrente de retroalimentación. Deste xeito, conseguirá canalizar a corrente de información dos seus usuarios facendo desta un valor engadido do medio e conecendo importancia aos lectores, provocando unha maior identificación destes co medio.

Todos estes temas e moitos máis trataranse durante os tres días que dura o II Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0. O prazo para o envío de propostas de comunicación está aberto ata o día 31 de xullo. Podedes atopar máis información aquí.

O arquitecto da información Dan Klyn explícanos que é a AI e algunhas das súas características.


explaining information architecture from Dan Klyn on Vimeo.

propublica

A web ProPublica recibe un Premio Pulitzer por unha reportaxe de investigación sobre o furacán Katrina que fora co-publicado con The New York Magazine o 30 de agosto do ano 2009. ProPublica, organización sen ánimo de lucro que publica información a través da rede, convértese no primeiro medio exclusivamente online que recibe un Premio Pulitzer.

Gabriel Campanario (Barcelona, 1969), xornalista e ilustrador que desenvolve o seu traballo no xornal dos EUA The Seattle Times, é o ideólogo de Urban Sketchers, un blog común onde máis de cen artistas colaboran coas súas ilustracións para dar unha nova visión da realidade.

Gabriel comezou a traballar para The Seattle Times como infografista e ilustrador e, nunha das súas saídas para recoller datos, ocorréuselle que podía contar historias botando man da súa gran paixón, o debuxo e a ilustración. Unha vez madurada a idea, e co beneplácito dos seus xefes, comezou a contar a vida diaria de Seattle dende o seu caderno, escribindo historias con acuarela. É, sen dúbida, unha nova forma de contar a vida. É o debuxo pegado á realidade, historias contadas en cadernos a dobre páxina.


Podedes ver a páxina persoal de Gabriel Campanario , o seu blog do Seattle Times e, por suposto, ver o traballo colectivo realizado en Urban Sketchers .

A integración xornalística responde a un modelo xornalístico ou a unha necesidade económica? Con esta cuestión abriu Nacho Escolar a mesa sobre integración xornalística programada para a tarde deste primeiro día de congreso. Ao seren preguntados, Roitberg afirmou que respondía a ámbalas dúas finalidades, se ben concretou que a integración responde, sen dúbida, a unha necesidade na mellora do modelo de xestión de contidos.

Borja Bergareche, pola súa banda, expuxo a experiencia de abc.es onde remataron onte mesmo o traslado das diferentes redaccións á sala común onde se atopa xa integrada a nova estrutura de ABC. Esta nova arquitectura responde a unha necesidade de aproveitar o “músculo xornalístico” e as capacidades de todos os traballadores do medio. Como di Bergareche, “a integración é unha forma de sguir cumprindo coa función cívica que corresponde aos medios ao tempo que é unha oportunidade para que cada xornalista, a nivel individual, se reinvente”. Esta nova disposición espacial na redacción permitirá crear novas dinámicas de traballo entre os xornalistas das distintas plataformas na busca dun “roce que fai o cariño, pero onde tamén xurden loitas diarias, das que esperamos sacar proveito”, concluía Bergareche.


Porén, non todos os casos expostos durante a conversa xiraron en torno a experiencias de integración de redaccións xa que, como foi o caso de Rosalía Lloret ou Gumersindo Lafuente, defenderon tamén un concepto distinto de integración: unha reestruturación da labor xornalística na propia cabeza dos profesionais. Tanto Lloret como Lafuente dirixiron a súa liña argumentativa con respecto á integración de redaccións por un camiño onde o esencial é o cambio no xeito de traballar dos xornalistas, e non tanto unha estrtuturación física concreta das redaccións.

Este cambio pódese entender coma unha necesidade de manexarse en diferentes formatos e entender as dinámicas e claves de producción de produtos para as diferentes plataformas, “adaptar o oficio xornalístico á nova lóxica dos medios”, como concluíu Lafuente.

Unha das máis interesantes mesas redondas do XI Congreso de Periodismo Digital, baixo o nome “El periodista integrado”, estaba composta por Nacho escolar (xornalista, no rol de moderador), Borja Bergareche (subdirector de Internet de ABC), Gastón Roitberg (representante de lanacion.com), Gumersindo Lafuente (adxunto ao director en El País) e Rosalía Lloret (responsabel de contidos multimedia en rtve.es).

Estamos xa rematando a primeira xornada do XI Congreso de Periodismo Digital, organizado pola Asociación de Prensa de Aragón, que se celebra en Huesca. Esta é, sen dúbida, unha das datas sinaladas no calendario do ámbito da comunicación en España xa que son moitos os profesionais que nel participan trazando as liñas estruturais básicas da situación actual e do futuro inmediato dos cibermedios en España.

O ecosistema da comunicación en xeral, e o xornalismo en particular, está atravesando unha das crises cíclicas que o obrigan a buscar novos modelos para adaptarse a un novo contexto que, neste caso marcado pola rápida expansión das novas tecnoloxías na sociedade, forza a moitos medios a replantear as súas estratexias comunicativas e os seus modelos de negocio.

Nesta primeira xornada de congreso puidemos observar unha clara visión positiva da situación por parte dos ponentes, sen deixar de fixar a atención do auditorio nas dificultades que os medios, para os que traballan e o conxunto do sistema de medios en xeral, está a atravesar. Sen perder de vista esta situación deixaron entrever que os medios serán capaces de sobrelevar esta crise gracias á adopción de novos modelos de negocio por unha banda e, por outra banda, mediante o traballo para a construción de novos modelos de produto que lles permitan adaptar os contidos ás posibilidades que as novas tecnoloxías ofrecen e ás novas vías de consumo que as audiencias practican gracias ao exponencial aumento das conexións en mobilidade a través de banda ancha por parte dos usuarios.

Ramón Lobo, xornalista de El País que pola súa traxectoria e traballo en diversos medios (Expansión, Cinco Días, El Sol, El País…), afondou máis aínda neste debate ao afirmar que serán os medios electrónicos os que salven ao papel. De sobra sabida é a máxima que, dende hai anos, vaticina que serán os cibermedios os que asinen a acta de defunción dos medios impresos. Porén, para Lobo, serán os medios online os que lle aporten as claves ao papel para traballar en novos modelos de produto que potencien o seu valor engadido (como traballos en profunidade ou grandes reportaxes, por exemplo) fronte á inmediatez coa que Internet caracteriza aos cibermedios.

O próximo xoves publícase a obra de Ben Mezrich “Multimillonarios por accidente. El nacimiento de Facebook. Una historia de sexo, dinero, talento y traición”. Trátase da historia novelada do nacemento e evolución da rede social. Sen dúbida, outra referencia a ter en conta para comprender na súa totalidade o fenómeno Facebook.
O propio Mezrich preséntanos no seguinte vídeo a súa obra.


Después de que en el último año Facebook haya conseguido incrementar en un 595% el número de usuarios en España, llegando a los 2,3 millones, al tiempo que otras redes sociales aumentan su penetración en nuestro país, numerosos investigadores en comunicación se interesan por los cambios que la presencia de estas herramientas están provocando en nuestros hábitos comunicativos.
En el I Congreso Internacional Sociedad Digital que se celebra estos días en la Universidad Complutense de Madrid se ha debatido sobre la capacidad de las Redes Sociales de romper barreras geográficas en nuestras relaciones sociales y sobre su capacidad de movilización. Judith Cortés estudia como una convocatoria a través de Facebook consiguió movilizar a 15 millones de Colombianos para manifestarse en contra de las FARC a inicios de 2008. Flávio Nunes nos cuenta como gracias a una red social dirigida a “couchsurfers” los portugueses viajan a destinos de todo el mundo donde se alojan gratuitamente en casas de personas que han conocido a través de la red.
Sin embargo algunos investigadores como Guillermo Jiménez advierten de la importancia de no “vanagloriar las potencialidades de estas redes” y advierten que la letra pequeña de los avisos legales que aceptamos para hacer uso de ella está lejos de proteger la propiedad intelectual y los intereses de privacidad de los usuarios.

O catedrático e director da Escuela de Comunicación de la Universidad de Puerto Rico Eliseo Colón reuniuse este martes cos membros do grupo Novos Medios cos que compartiu as súas reflexións sobre a situación actual do xornalismo e da docencia e investigación en comunicación.

Coincidindo con algunhas das ideas debatidas durante o curso “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica” ao que asistiu e no que compartiu as súas primeiras impresións con membros do grupo, Colón considera que as empresas mediáticas “tienen que adaptarse a los cambios que traen las nuevas tecnologías. […] El proceso de convergencia no es otra cosa que la disolución de las fronteras entre la publicidad, la información y el entretenimiento”, é por isto que son necesarios profesionais preparados para traballar con “nuevas formas de hacer y de ver”.

Eliseo Colón considera que “tarde o temprano todas la facultades de comunicación serán otra cosa. La relación entre Publicidad, Comunicación Audiovisual y Periodismo tiene que cambiar. […] Hoy en día la mayor parte de la información que aparece en los medios procede de notas de prensa elaboradas en los departamentos de marqueting en los que trabajan personas formadas en publicidad, por ejemplo”. Colón vai máis alá e afirma que es necesario que os docentes en comunicación dialoguen con enxeñeiros: “hablando con directores de importantes cabeceras me dicen que si fueran a contratar a un recién licenciado en comunicación buscarían que además supiera manejar bases de datos y fuera un buen investigador”. Segundo o catedrático hoxe en día na rede podemos atopar máis información da que nos chega polas fontes tradicionais, pero é necesario que os xornalistas teñan os coñecementos necesarios para acceder a esas informacións, “hablo de investigación de verdad, no de periodismo especializado”, afirma.

Esta afirmación pronunciada polo profesor Francisco Campos foi unha das reflexións máis escoitadas durante o curso “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica” celebrado no Mosteiro de Aciveiro.

Dirixido polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e organizado no marco dos cursos de verán ofrecidos pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, este evento contou coa presenza persoeiros de relevancia coma Xosé Luis Barreiro Rivas, Ramón Reig, Marcial Murciano, Rosario de Mateo, Alfonso Sánchez Tabernero, Francisco Campos, Francisco Esteve, Fernando Salgado, Rosa Franquet, José Luis Dader e Ramón Salaverría.

Ante panorama actual de crise económica mundial non podemos obviar a repercusión no sector dos medios de comunicación. Nos últimos meses chegáronnos numerosas noticias sobre o peche de destacadas cabeceiras, a reducción de plantillas e a reestructuración de redaccións. Segundo Rosario de Mateo “Lo peor de la crisis no ha llegado […]. Los medios españoles se han ido endeudando para invertir en otros medios de comunicación para diversificar la actividad económica y competir con otros medios. Además de endeudarse, los grandes grupos han salido a bolsa. Todos han perdido más del 75%”. Pero a realidade é que mentres os medios de comunicación aumentan a súa débeda e ven peligrar a súa estabilidade económica, as cifras de audiencias sorprenden positivamente. Por todo esto os expertos máis que de crise falan de un proceso de transición. “No se trata de seguir cabalgando en el mismo caballo cansado, sino bajarse de él y repensar el modelo de negocio para ofrece información y entretenimiento de la mejor forma posible”, afirma Alfonso Sánchez Tabernero.

Ramón Salaverría e Sánchez Tabernero insistiron na idea de que para sair vitoriosos deste proceso de transformación o que teñen que facer as empresas de comunicación e deixar de “equivocarse”. Salaverría apuntou á necesidade de “romper con la brecha generacional en las redacciones”. Sucede agora mesmo que mentres as audiencias das edicións electrónicas dos medios ven como aumenta o número de usuarios, a súas redaccións continúan a ser redaccións novas formadas por xornalistas con moitas destrezas e pouca experiencia. Rosa Marquet destacou a necesidade de que os xornalistas máis experimentados fornezan de coñecemento ás novas xeracións que alimentan as edicións electrónicas. Segundo Ramón Salaverría é importante comezar a regulamentar o que se fai na rede creando libros de estilo adaptados ás súas potencialidades, “¿es legítimo que una noticia online sea corregida sin dejar constancia de que anteriormente se había publicado un error?”.

- Next »