Archive for the 'Novidades do grupo' Category

O Grupo de Investigación Novos Medios da Facultade de Comunicación da Universidade Santiago de Compostela reunirá o 16 de Xullo na capital galega a diferentes estudosos e investigadores da comunicación. Estes participarán nunha sesión científica de estudo, análise e debate sobre “O Novo Panorma Comunicativo”. O foro está dirixido polos profesores Xosé López García e Francisco Campos Freire.

Os participantes do Foro, chegados dende diferentes países, tentarán aportar a súa visión particular sobre a situación global dos novos panoramas comunicativos. O horario de apertura da sesión e das poñencias empeza ás 8:30, prolongándose a xornada até a última das palestras que dará fin ó redor das 20:30. Todos os actos correspondentes a este evento desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, situada no Campus Norte da propia Universidade.

O grupo de investigación Novos Medios chegou a un acordo coa empresa de Comunicación Torres y Carrera para a elaboración do informe ‘O valor do silencio’, da que será co-director o profesor Xosé Pereira. O grupo Novos Medios será o encargado de facer unha análise das tendencias definidas polos principais editores de medios do mundo e de localizar as informacións que resultaron nacer de datos non confirmados e que aconteceron no ano pasado.

Trátase da terceira colaboración que o grupo de investigación e a empresa realizan para a redacción de estudos, de carácter reflexivo, sobre a situación da comunicación no mundo. O traballo que finalizará no primeiro trimestre de 2011 abordará a relación entre comunicación e ruído, o paradigma dos medios e a comunicación sostida.

No primeiro caso o informe reflexionará sobre as posibles informacións erróneas que se poden chegar a publicar nos medios de comunicación, mentres que no apartado relativo aos paradigmas dos medios abordarase a nova situación dos medios de comunicación, tecnoloxías e posibilidades ofrecidas aos usuarios. Finalmente, no relativo á comunicación sostida, tratarase a importancia da información ben elaborada e proporcionada aos acontecementos.

O foro de debate celebrarase dende hoxe, luns, ata o mércores no Consello da Cultura Galega.

Hoxe deu comezo o foro A comunicación e a cultura nos ámbitos locais. Estratexias para recuperar, conservar e difundir a cultura nos escenarios de proximidade, organizado polo Arquivo de Comunicación, órgano do Consello da Cultura Galega.

O obxectivo que persegue o comité organizador do evento, -composto por Rosa Aneiros, Henrique Sanfiz e Xosé López- é provocar unha reflexión sobre a cuestión da comunicación e a cultura nos ámbitos locais nun contexto de mundialización que abarca todas as esferas (social, económica, comunicativa…).

Durante os tre días nos que se desenvolverá o foro, expertos en política, comunicación e cultura reflexionarán sobre os procesos de comunicación local na era dixital así como sobre as iniciativas culturais no mapa público da comunicación local de Galicia.

Máis información, aquí.

carlos

Manuel Castells visita a facultade

manuel castells
Manuel Castells acompañado por Manuel Gago (esquerda) e Xosé Pereira (dereita).

A Facultade de Ciencias da Comunicación tivo a honra de contar hoxe coa presencia do catedrático Manuel Castells, que foi acompañado na súa visita polos profesores Xosé Pereira, Manuel Gago e polo investigador Carlos Toural.

O curso ten lugar no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei, Pontevedra) durante hoxe e mañá.

Ás 9:30h quedaba inaugurado o curso titulado “La crisis de la comunicación en tiempos de recesión económica”. Dirixido polo catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Xosé López e organizado no marco dos cursos de verán ofrecidos pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo, este evento trata de ser, en palabras do seu director, “un foro de debate onde se analice o panorama actual do ámbito comunicativo no contexto da crise económica” así como se “reflexionará sobre os datos que aportan as empresas mediáticas en termos de negocio así coma sobre os modelos que adoptan para solucionar os problemas nos que están inmersas”.

Na inauguración tamén participaron o Secretario Xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, que fixou a atención dos presentes enfatizando a importancia histórica dun sistema mediático, o galego, que na actualidade “supón 200 millóns de euros de negocio ao ano e dá emprego a máis de 1.600 traballadores”.

Xosé Luis Barreiro Rivas (director da UIMP en Galicia), Ramón Villares (presidente do Consello da Cultura Galega) e David Raposeiras (alcalde do concello de Forcarei) deron a benvida aos asistentes ao curso e dispuxéronse a participar activamente no foro que tentará estudar a situación actual do sistema mediático, a influencia que ten nel a crise e as posibles medidas que os medios poden tomar para afrontar a coxuntura de recesión pola que atravesan.

É o tempo agora de que os relatores (entre os que se atopan persoeiros de relevancia coma Ramón Villares, Xosé Luis Barreiro Rivas, Ramón Reig, Marcial Murciano, Rosario de Mateo, Alfonso Sánchez Tabernero, Francisco Campos, Francisco Esteve, Fernando Salgado, Alfonso Sánchez Inzquierdo, Rosa Franquet, José Luis Dader e Ramón Salaverría) poñan enriba da mesa a problemática existente no eido mediático e provoquen o debate do que se esperan conclusións positivas para a análise e definición da crise dos medios e as medidas a adoptar para poñerlle remedio.

El ya doctor Melitón Guevara Castillo, dirigido por el decano de la Facultad de Ciencias de la Comunicación y miembro de Novos Medios, Miguel Túñez, defendió su tesis con total solvencia obteniendo la máxima calificación (Sobresaliente Cum Laude).

Melitón Guevara es el primero de los estudiantes del programa de doctorado USC-Universidad de Tamapulipas (México) que defiende su tesis de doctorado. El trabajo, titulado “Información política y opinión pública en la prensa: actores, polifonía y estrategias en la construcción del temario” está dirigido por el profesor Miguel Túñez López.

El proyecto Coas nosas mans, realizado en el seno del grupo Novos Medios con la colaboración de la Fundación Dieta Atlántica de la Universidad de Santiago de Compostela y el Forum Gastronómico de Santiago, ha sido premiado con el accésit a la mejor web gastronómica en el XV Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro convocado por el ayuntamiento de Lalín.
Coas nosas mans es un reportaje multimedia elaborado por un equipo de alumnos de Periodismo y Comunciación Audiovisual de la Universidad de Santiago de Compostela dirigidos por Manuel Gago y Xavier Vaz. Este trabajo hacer un recorrido por la esencia de la tierra gallega, sus alimentos. Desde el cultivo a la transformación de los productos, el reportaje narra con acierto la relación existente entre la cultura gallega y los orígenes de sus alimentos.