Archive for the 'Informes' Category

O Libro Blanco titulado  Prospectiva TIC 2026 trátase dun informe que pretende trazar unha panorámica das Tecnoloxías da Información e da Comunicación a longo prazo. Auspiciado por Prosodie e pola axencia  MARKESS International, basease nunha búsqueda documental previa que permitiu reunir informacións sobre o entorno demográfico, económico e sociolóxico no que se enmarcarán as TIC no ano 2026. Para elo foron consultados 50 expertos, contándose entre os mesmos directores de sistemas de información, altos cargos de empresas de comunicación e diversos persoeiros do ámbito político, xurídico e económico. Continue Reading »

cover_tin2007.jpgAcabo de ler o novo e excelente Trends in newsrooms 2007, o informe anual editado polo World Editors Forum e editado por John Burke, que é o coordinador do selecto blog sobre industria de medios Editors Weblog. O propio informe é unha selección de datos e informes procedentes de máis de 100 fontes que serven diariamente para a edición deste blog, pero avanza importantes nocións que sinalan o grado de asimilación por parte da industria das últimas leccións do mundo dixital.

As sete leccións do Trends in newsrooms 2007 son as seguintes:

  • Integra a túa redacción paso a paso
  • Interactúa cos teus lectores
  • Coopera cos teus competidores
  • Convértete nun portal para a túa rexión
  • Crea unha redacción multi-xornal
  • Achégate aos lectores mozos a través dos medios sociais
  • Fornece ferramentas para a personalización das noticias

Sen dúbida, algunhas delas, como a cooperación cos competidores, non son doados de asumir, pero asumen parte da filosofía mashup que desde o exterior da industria foi medrando desde o ano 2003. Na enquisa previa, practicada a 435 periodistas con cargos nas redaccións en todo o mundo, sorprende tamén o optimismo ante a algunhas cuestións que suscitaban controversia hai non ben pouco: un 74% consideran que a transformación do paradigma de noticias, de conferencias a conversacións preconizado por Dan Gillmor ten efectos moi positivos para o xornalismo de calidade. Para mellorar a calidade editorial do medio, os executivos distinguen claramente dous factores relevantes: ensinar aos xornalistas en novos medios (37%) e reclutar máis xornalistas (23%), un detalle moi interesante que fala sobre que a optimización non quere dicir reducción. Un punto moi significativo é a confianza na vixencia no futuro dos formatos opinativos e análise tradicionais nos medios: un 66% dos executivos consideraban que no futuro tendrían, aínda, máis relevancia.

Trends in newsrooms 2007 parece recoller o sentir significativo en gran número de redaccións ante o cambio de paradigma do xornalismo propulsado polas novas tecnoloxías e a posición significativa e relevante dos cibermedios no novo escenario. Moitas das estratexias indicadas profundizan nos valores específicos do novo soporte de cara o xornalismo. Unha visión sólida das boas prácticas no xornalismo de principios de século.

Manuel Gago

xpereira

As TIC e as universidades españolas

A Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE) presentou hoxe o informe “As TIC no Sistema Universitario Español (2006): Unha Análise Estratéxica”. Nel establécese a situación das TIC nas universidades españolas e propóñense proxectos de impulso.

A pesar de encontrarse a un bo nivel, neste informe proponse incrementar a difusión dos resultados de investigación a través da Web (o 93% faino actualmente) e as aplicacións de xestión da investigación (actualmente dispoñen delas o 91% das universidades)
No informe tamén se recomenda incrementar a formación en TIC de toda a comunidade universitaria.

O grao de informatización dos distintos servizos universitarios (xestión) é variable. Fronte a porcentaxes de case o 100% de penetración de aplicacións (consulta de notas a través da Web, automatrícula Web ou consultas a bibliotecas) hai servizos de escasa implantación como os relacionados coas compras electrónicas ou a sinatura dixital que non superan o 25% de implantación. Destes datos despréndese que se debe incrementar a informatización de todos os servizos universitarios (atópase ao 60%), así como os elementos de administración electrónica (actualmente atópase ao 40% do seu posible implantación).
En relación ao soporte, destácase que o 9% dos ordenadores universitarios dispoñen dun sistema operativo “libre” e que o 30% dos produtos informáticos utilizados nas universidades españolas son de software libre.
O orzamento destinado no 2005 ás TIC nas Universidades supón un 3,2% do total, cunha media de 201 € por alumno e ano. Os autores apuntan a que sería necesario incrementar devandito orzamento para posibilitar as accións de mellora propostas no informe. Polo de agora, este informe non está dispoñible en internet.