Archive for the 'Formatos' Category

jakob_mouse_big.jpg

Jakob Nielsen, hoxe, en El País:

Lo que es más cuestionable es cuánta gente utiliza el volumen de contenido generado por el usuario. La mayor parte de este contenido no genera en realidad mucho tráfico porque es demasiado caótico y no es lo suficientemente interesante para otros usuarios. Si alguien quiere generar tráfico a sus contenidos, entonces ellos tienen que seguir las pautas de la usabilidad, al igual que lo hace cualquier otro sitio web.

Entrevista completa

publico.jpg

Da aparición do xornal Público hoxe (sempre é boa noticia a aparición dun xornal), precedida dun notorio fluxo de información por confidenciais e non tan confidenciais de Madrid, chámame a atención como o seu deseño para a edición web consolida o deseño a dúas columnas que inaugurou en España o 20 Minutos e que continuou o ADN. Trátase dun estilo visual moi definido caracterizado por:

  • Grandes diferencias no tamaño das fontes entre titulares e corpo da información,
  • Edición moi horizontal das fotografías
  • Densa e abundante malla visual
  • Simplificación das caixas de contido
  • Información actualizada á esquerda e contidos especiais á dereita

Este feito non é menor. Ata o momento, os cibermedios na web seguían, nos seus redeseños, modelos dos diarios de referencia en vendas; pero aínda que Público é de pago, busca o modelo dos xornais gratuítos e desmárcase claramente do deseño, máis complexo e con máis columnas, das edicións dixitais dos grandes medios en papel. Por certo, gustoume moito o xeito no que propuxeron os seus principios editoriais.

Manuel Gago

Un novo curso organizado polo Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC  profundizará nestes e outros principios fundamentais da comunicación mediática contemporánea

Transparencia, verosimilitude e autenticidade na televisión, o cinema, a publicidade, a fotografía e a comunicación institucional. Sobre estas cuestións falarán os profesionais e docentes convidados a participar no Curso de Verán “Principios da Comunicación Mediática Contemporánea”.

O Grupo de Investigación Estudios Audiovisuais da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela organiza este obradoiro que se impartirá do 16 ao 19 de xullo. O programa está dirixido pola profesora Antía López.
Os interesados xa poden obter máis información e formalizar a súa matrícula a través da web: www.usc.es/cultura 

indigo_1.jpg

indigo_2.jpg
Portadas das publicacións da aplicación offline de Índigo.

Reporte Índigo -e o seu suplemento Piensa Índigo-, son as dúas cabeceira da Experiencia Índigo. Unha curiosísima proposta mexicana de xornalismo multimedia distribuído a través de Internet, pero dispoñible en paquetes de aplicación. É dicir, descargas ao teu ordenador número a número (13 megas), e cárgase un proxector de Flash que presenta unha revista cun uso extensivo do multimedia. Índigo simula unha publicación en papel, pero engadíndolle unha navegación por índice, numerosas ‘metáforas’ na interface e un uso extensivo do vídeo, dos recursos de audio e de interacción do usuario coa superficie interactiva. Audio en planos diferentes, un deseño do texto moi preparado para a lectura en pantalla son algúns dos exemplos desta curiosa publicación que combina análise política, estilos de vida, medio ambiente, deseño… Para poder baixarse os números da revista hai que rexistrarse (gratuitamente). Seguirémola moi de preto.

Vía Jornalismo & Internet

darfur.jpg
Captura de pantalla de Google Earth

O outro día, na materia Creación de Produtos na Rede, estivemos vendo un dos últimos lanzamentos de Google Earth. En colaboración co United States Holocaust Memorial Museum, Google creou unha capa KML titulada Crisis in Darfur que se pode superpoñer sobre Google Earth e amosar as dimensións do xenocidio que se está practicando en Darfur, no Sudán. O xenocidio, negado oficialmente polo Goberno sudanés, amósase con rudeza nas imaxes de satélite en alta resolución de Google Earth, publicadas na plataforma especialmente para a ocasión. Os editores empregaron estas fotografías de alta resolución para establecer cálculo de danos sobre os bens.

darfur.jpg
Representación infográfica de poboados destruídos ou danados durante o xenocidio sobre Google Earth

Ao mesmo tempo, a capa de Darfur incorpora testemuñas, datos de comprensión, ubicación de campamentos de refuxiados e unha selección de información multimedia. As opinións da comunidade de usuarios de Google Earth tamén se superpón sobre a capa, trasladando a conversa directamente ao terreo. ¿É isto xornalismo?¿Pode selo? Sen dúbida, na miña opinión. Unha forma innovadora de avanzar na construción de relatos hipermedia, trasladando a narración dos feitos ao lugar da acción, sen perder determinadas técnicas xornalísticas, como o enfoque, a selección e a tematización. Un híbrido entre infográfico, reconstrución virtual e crónica. Sen dúbida, un dos novos formatos máis interesantes do 2007.

Manuel Gago

admin

Flash cumpre 10 anos

A tecnoloxía de animación vectorial máis popular do mundo, o Flash, cumpre 10 anos. E para celebralo, a actual propietaria do software, Adobe, elaborou un potente especial (en flash obviamente) que ofrece unha retrospectiva dos principais fitos tecnolóxicos do Flash e das webs elaboradas con ela que marcaron un antes e un despois no deseño web. O flash foi para Internet o que o tuning está a ser para os coches: é quen de sacar o máis hortera que leva un dentro. Boto en falta nas galerías do especial de Adobe unha especial coas intros da institucións galegas, que eu me ofrecería a comisariar, porque esta tecnoloxía é especialmente fértil en anécdotas. Continue Reading »