Iniciarse na producción de contidos para a rede

Posted September 17th, 2007 in Formación by novosmedios

O Grupo Novos Medios abre o prazo de preinsripción para a sétima edición do “Curso de Formación Contínua para Xornalistas: Ciberxornalismo, Produción de Contidos para a Rede”

O obradoiro, que se desenvolverá durante tres meses, ten como obxectivo iniciar a licenciados e profesionais en activo do campo da comunicación, na creación de contidos para a web.
A fase de inscrición para este curso queda aberta ate o vindeiro 11 de outubro.
As aulas, que comezarán o 25 de outubro, terán lugar todos os martes e xoves en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Os interesados en formalizar a preinscripción deberán poñerse en contacto co Departamento de Ciencias da Comunicación:
Avda. Castelao, s/n.
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100, ext. 16522
Fax: 981 547086
Correo electrónico: ccsec@usc.es

Analizando el cambio en el uso político de los medios de comunicación digitales

Posted September 12th, 2007 in Formación by novosmedios

La Universidad de Londres prepara para el mes de abril la conferencia internacional “Politics: Web 2.0″ a la que se pueden mandar propuestas de comunicación hasta el mes de noviembre.

¿Ha habido una cambio en el uso político del Internet y de los nuevos medios digitales? ¿La Web 2.0 ha generado una nueva política basada en los valores de los participantes? ¿La Web 2.0 obstaculiza o ayuda a crear una ciudadanía democrática?

“Politics: Web 2.0″ es un punto de encuentro de investigadores para el análisis de perspectivas en este contexto.

Para más información consultar la web de la conferencia: http://newpolcom.rhul.ac.uk

Cursos de desenvolvemento profesional en Xornalismo e Comunicación en Barcelona

Posted June 27th, 2007 in Formación, Publicacións by novosmedios

O Institut d’Educació Continua da Universidade Pompeu Fabra programa para distintas datas comprendidas entre o 2 e o 20 de Xullo un total de 21 cursos vinculados con tres grandes áreas: Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Comunicación nas organizacións. Para inscribirse nos cursos, cómpre ser licenciado, diplomado ou ter superado o primeiro ciclo de calquer estudo universitario.

Continue Reading »

As posibilidades das autoedición e autoproducción de programas en radio

Posted June 20th, 2007 in Formación by novosmedios

A Universidade Internacinal Menéndez Pelayo organiza o obradoiro orientado cara as novas tecnoloxías radiofónicas

O curso de Cración Radiofónica, deseñado en foramato de obradoiros impartidos por varios docentes, está orientado a exercitar os aspectos técnicos e metodolóxicos da autoedición e autoprodución de programas.
A finalidade é traballar entorno a programas alternativos aos propios da radio convencional, dotando aos alumnos das ferramentas necesarias para aproveitar as potencialidades do medio e incidir na cultura e a sociedade contemporáneas.

No curso crearanse cápsulas radiofónicas partindo da revisión da elaboración da información, empregando practicas que renovan os formatos e os xéneros propios do medio.

O curso desenvolverase entre o 2 e o 6 de xullo en A Coruña.

Podes formalizar a túa matrícula a través da web da UIMP.

A evolución dos sistemas políticos e mediáticos europeos, obxecto de debate nun curso da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

Posted June 13th, 2007 in Formación by novosmedios

Dende o ano 1982, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo desenvolve na nosa Comunidade Autónoma diversas actividades, seminarios e obradoiros, especialmente nos meses de xullo, setembro e outubro. Este ano, do 17 ó 20 de Outubro, poderemos asistir en Aciveiro (Pontevedra) ó curso ‘Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático. Sistema político, actores sociais e cidadáns no tránsito á Sociedade da Información e do Coñecemento’. Continue Reading »

Chile acolle o primeiro máster internacional en Comunicación Dixital en América Latina

Posted June 6th, 2007 in Formación by novosmedios

Seis expertos estranxeiros e máis de dez académicos nacionais participarán na primeira edicón do Máster Internacional en Comunicación e Xornalismo Dixital.

O curso de formación, organizado pola Facultade de Comunicación e Deseño da
Universidad Maior e o Observatorio de Comunicacións Dixitais (OCD) é o primeiro destas características que se organiza nunha Universidade de América Latina.
Entre os mestres convidados destaca a presenza de
Dan Gilmor, o pai do xornalismo cidadán; Jimmy Wales, fundador da famosa
enciclopedia virtual Wikipedia; José Luis Orihuela, doctor en comunicación
pública e profesor da Universidad de Navarra (España); Francis Pisani, da Universidad de Berkeley (EE.UU.); e Rosental Calmon Alves, un dos
pioneiros en xornalismo para Internet en América Latina.
Para máis información:http://periodismodigital.umayor.cl

Protocolo e Relacións Institucionais na USC

Posted May 30th, 2007 in Formación by novosmedios

¿Como organizar un evento? ¿Como dirixirnos ás diversas institucións coas que tratamos? ¿Como atender os nosos públicos? O intanxible impera nunha sociedade na que a imaxe vale máis que mil palabras. O Máster en Protocolo e Relacións Institucionais da USC, que celebra este ano a súa terceira edición, pretende satisfacer esta demanda formativa, moi útil non só no ámbito institucional, senón tamén nos sectores empresariais. Continue Reading »

Posibilidades e alternativas da comunicación interactiva surxidas co novo escenario tecnolóxico da televisión

Posted May 29th, 2007 in Formación by novosmedios

A Facultade de Ciencias da Comunicación acolle o curso de verán “Televisión dixital terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia”

A propósito das novas alternativas da comunicación interactiva no curso falarase de propiedade intelectual, creación de contidos, hipermedia e converxencia dixital. O obradoiro pretende servir de foro para a presentación e discusión de novos conceptos, ideas, experiencias e coñecementos que configuran o debate aberto na sociedade da información arredor da converxencia das novas tecnoloxías coa cultura e a ciencia, cos contidos e o coñecemento. En definitiva, sobre as posibilidades e alternativas da comunicación interactiva, sobre o novo paradigma da hipermedia, máis aló da confluencia dos multimedios, cando xa se empeza a falar das web semánticas, a experimentar coa creación virtual e con potentes buscadores ontolóxicos que están a convertir Internet nunha disputada galaxia de novas redes de intelixencia, poder e mediación social. A trascendencia deste novo marco de relacións e experiencias crúzase coa aparición, debate e formulación dos chamados ciberdereitos e coa necesidade de facer visible a través da Rede e da expresión hipermedia a nosa propia cultura e identidade.

Alumnos das Facultades de Ciencias da Comunicación, Económicas e Empresariais, Dereito, Historia, Educación, Ciencias e Computación así como profesores e profesionais dos medios de comunicación de Galicia que están incorporando as novas tecnoloxías, son o público ao que vai dirixido o curso.

Xa está aberta a matrícula para este obradoiro de 35 horas de duración que será impartido do 11 a0 14 de xullo na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.

Para máis información: www.usc.es/iptv

O Consorcio Audiovisual de Galicia convoca un obradoiro de curtas

Posted April 18th, 2007 in Formación by carlos

Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga serán os encargados de impartir o curso, que se celebrará do 7 ata o 11 de maio.

“Como se fai unha curtametraxe” é o título do obradoiro que o Consorcio Audiovisual de Galicia organiza do 7 ao 11 de maio na Sala Audiovisual do Centro Multimedia de Galicia en Santiago de Compostela. Os encargados de impartir o curso serán Nacho Vigalondo e Borja Cobeaga, candidatos ao Oscar á mellor curtametraxe nos anos 2004 e 2006, respectivamente.

O obradoiro, que se estrutura en sesións de tarde, ten un carácter teórico-práctico e repasará tódolas etapas da elaboración dunha curtametraxe, dende a idea orixinal ata a realización e difusión, pasando pola montaxe ou o son. Dentro das sesións do curso, está previsto o visionado (con entrada libre) de 4 curtas de Vigalondo e Cobeaga. A proxección terá lugar o día 10 no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación.

O Consorcio Audiovisual de Galicia organzia este obradoiro dirixido a aqueles profesionais (directores, actores, guionistas ou técnicos) que xa participaran nalgunha obra audiovisual e se atopen en fase de desenvolvemento dun novo proxecto.
A data límite para o envío de solicitudes é o 25 de abril. Todos aqueles que queirades máis información ou acceder ás condicións e formularios de inscrición, poderedes atopalos na páxina do Consorcio.

Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise

Posted April 11th, 2007 in Formación by novosmedios

Do 4 de Maio ó 29 de Xuño na Universidade de Santiago de Compostela

A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise. Dirixido a profesionais da comunicación o obradoiro ten como obxectivo aportarlles aos participantes os coñecementos e as ferramentas para planificar un protocolo de actuación durante unha situación de crise, tanto dende o punto de vista da comunicación interna, como externa.

O Grupo de Investigación Novos Medios, baixo a dirección de Miguel Túñez e a coordinación de Carmen Costa, organiza este programa formativo que inclúe módulos prácticos e teórico-prácticos. Entre os convidados para impartir os diferentes módulos destaca a asistencia de: Montse Quesada, catedrática da Universidade Pompeu Fabra; José Antonio Gómez Municio, Asesor da Presidencia do Goberno Español; Rosario de Mateo Pérez, Catedrática da Universidade Autónoma de Barcelona e Miguel Anxo García Álvarez, Psicólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Este curso será impartido todos os venres entre o 4 de maio e o 29 de xuño en horario de 16:00 a 21:00 horas. O prazo de preinscripción remata o vindeiro 18 de abril. Os interesados poden facer a súa solicitude a través dos seguintes contactos:

Carmen Costa: ccosta@usc.es

Miguel Túñez: mtunez@usc.es

Teléfono de contacto: 98156 31 00 Extensión: 16532