Vilanova i la Geltrú acogerá el 5 º Seminario Internacional de Periodismo Digital

Posted November 8th, 2007 in Congresos e eventos, Formación, Publicacións by novosmedios

La Escola Politècnica Superior d´Enginyeria de Vilanova i la Geltrú será la sede de la quinta edición del seminario de periodismo digital los días 17, 18,19 y 20 de noviembre. 

En esta edición el tema central será la participación de los ciudadanos en la elaboración de los contenidos: “Este año queramos centrar nuestra atención en una tendencia que se está generalizando por momentos: la producción de la información por parte de los ciudadanos dentro y fuera de los medios de comunicación profesionales”. En los días en los que se celebrará este evento, se analizarán las consecuencias, oportunidades y retos que supone esta tendencia.

El programa se puede consultar en el siguiente enlace: http://www.mitjansdigitals.org/cas/mitjansdigitals_seminari_cast.htm

[lang_gl]O papel dos medios na construcción da identidade cultural[/lang_gl][lang_es]El papel de los medios en la construcción de la identidad cultural[/lang_es]

Posted November 7th, 2007 in Formación by novosmedios

[lang_gl] O Consello da Cultura Galega organiza o foro de debate “Medios de Comunicación e Identidade” que se celebrará en Santiago os días 10 e 11 de decembro.

O protagonismo dos medios na construcción identitaria e na difusión da lingua e a cultura propias é indiscutible. É por este motivo que o Consello da Cultura Galega centra dende hai anos a súa atención no desenvolvemento do sistema mediático galego.

No ano de conmemoración do primeiro centenario do nacemento de A Nosa Terra o foro de debate “Medios de comunicación e identidade” pretende ser un espazo de reflexión sobre cuestións fundamentais como: os desafíos das nacionalidades históricas e os medios de comunicación ou o papel determinante da lingua e dos medios na construcción das identidades.

O foro terá lugar os días 10 e 11 de decembro na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. Nel participarán varios membros do Grupo Novos Medios como Francisco Campos e Xosé Ramón Pousa, ademais doutros destacados investigadores e profesionais do sector.

Para máis información: www.consellodacultura.org [/lang_gl]

[lang_es]
El Consello da Cultura Galega organiza el foro de debate “Medios de Comunicación e Identidad” que se celebrará en Santiago los días 10 y 11 de diciembre.El protagonismo de los medios en la construcción identitaria y en la difusión de la lengua y la cultura propias es indiscutible. Es por este motivo que el Consello da Cultura Galega centra desde hace años su atención en el desarrollo del sistema mediático gallego.En el año de conmemoración del primer centenario del nacimiento de A Nosa Terra el foro de debate “Medios de comunicación e identidad” pretende ser un espacio de reflexión sobre cuestiones fundamentales como: los desafíos de las nacionalidades históricas y los medios de comunicación o el papel determinante de la lengua y de los medios en la construcción de las identidades. El foro tendrá lugar los días 10 y 11 de diciembre en la sed del Consello da Cultura Gallega en el Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. En él participarán varios miembros del Grupo Novos Medios como Francisco Campos y Xosé Ramón Posa, además de otros destacados investigadores y profesionales del sector.

Para más información: www.consellodacultura.org [/lang_es]

“Problemas metodolóxicos da comunicación”

Posted October 24th, 2007 in Formación by novosmedios

A Unión Latina de Economía Política de la Información, la Comunicación y la Cultura (ULEPICC-España) organiza a 1ª Xornada Nacional de Doctorandos ULEPICC-España titulada “Problemas metodolóxicos da Comunicación” que terá lugar en Madrid o vindeiro 8 de febreiro de 2008.

O obxectivo desta sesión será o de crear un espazo de discusión colectiva sobre os novos desafíos que deben afrontar os investigadores dende unha perspectiva crítica.

A xornada está dirixida a todos aqueles investigadores que se atopen na fase de elaboración da súa tese de doutoramento e nela se analizarán colectivamente os traballos en curso que nela se presenten.

A data límite para o envío de comunicacións é o 11 de novembro.

Para máis informaciónc consultar a web das xornadas.

A análise dos sistemas mediáticos e políticos centrou un curso da UIMP en Aciveiro

Posted October 23rd, 2007 in Congresos e eventos, Formación by novosmedios

O sábado clausurouse o curso “Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático” que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organizou no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei-Pontevedra) os días 17, 18, 19 e 20 de outubro. Dito encontro reuniu a investigadores e docentes procedentes de España, Italia e Portugal e relacionados coas Ciencias da Comunicación e Política, que reflexionaron sobre as pautas que Europa, España e tamén Galicia teñen que asumir ante a reordenación que se está a producir no sistema mediático actual.

No seminario analizáronse diversos temas de actualidade como o desenvolvemento das novas tecnoloxías, o estancamento do audiovisual, a polarización política, a ausencia de identidade propia nos medios de comunicación, a prevalencia do mercado e tamén a ausencia de políticas públicas no sector audiovisual. Continue Reading »

O 15 de outubro remata o prazo de envío de abstracts para o congreso I+C Investigar a Comunicación

Posted October 11th, 2007 in Congresos e eventos, Formación by novosmedios

O vindeiro luns 15 de outubro remata o prazo de presentación de propostas para o Congreso I+C Investigar a Comunicación, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2008.

Os eixos temáticos deste congreso son fundamentalmente catro:

- I+C: democracia e cidadanía (Ponentes: Dan Hallin, Joseph Gifreu)
- I+C: políticas de comunicación e cultura (Ponentes: Joan M.Tresserras, Ramón Zallo)
- I+C: sociedade da información (Ponentes: Raúl Trejo, Imma Tubella, Tapio Varis)
- I+C: a creatividade e a produción de contidos (Ponentes: Elizabeth Cowie, Jorge Paixao da Costa, Règine Debatty)

Ademais, hay 5 áreas temáticas sobre as que os participantes poden realizar ponencias libres. Son as seguintes:

- Teorías e métodos da investigación en comunicación (Coordinador José L. Piñuel)
- Estudos de recepción (Coordinador: Manuel Martín Algarra)
- Estrutura dos medios (Coordinador: Juan Carlos Miguel)

- Estudos sobre o discurso (Coordinadora: Cristina Peña Marín)
- Tecnoloxías da comunicación e a información (Coordinadora: Rosa Franquet)

Para máis información sobre este congreso pode consultar a súa páxina web, ou ben dirixirse a: Facultade de CC. da Comunicación. USC. Avd. Castelao s/n 15782. Santiago de Compostela.Teléfono: +34 981 563 100 Ext. 16500 Fax: +34 981 547 086

iEnter: xornadas de análise sobre o entretemento audiovisual interactivo

Posted October 10th, 2007 in Formación by novosmedios

Caixa Fórum organiza o iEnter: Xornadas sobre o entretemento audiovisual interactivo, que terán lugar en Barcelona os días 27 e 28 de febreiro de 2008.

O obxectivo deste encontro é o de avanzar nas relacións comunicativas que, con fins lúdicos, establécense entre os distintos participantes dos sistemas audiovisuais. Nun momento no que os cidadáns dos países desenvolvidos adicamos cada vez máis tempo e recursos a entreternos con produccións audiovisuais interactivas; faise necesario unha maior atención por parte dos investigadores en comunicación.

As comunicacións enviadas poderán abordar as seguintes temáticas:

- explicacións comunicativas, tecnolóxicas, industriais, culturais, antropolóxicas, económicas, psicolóxicas, sociais, lexislativas, filosóficas e artísticas do entretemento mediado nas sociedades actuais.
observación do comportamento comunicativo humano (v.g. os procesos de recepción, os estudos sobre as audiencias).

- análises sobre os usos e efectos comunicativos de cualquer formato interactivo que empregue como lenguaxes de expresión o son e a imaxe

Para participar no evento será preciso encher o formulario de inscripción e formalizar o pago antes do vindeiro 20 de xaneiro.

Alfredo Amestoy dará unha conferencia sobre a televisión o día 24 na Coruña

Posted October 4th, 2007 in Formación, Publicacións by novosmedios

No marco do Ciclo de Conferencias Caixanova 2007 Xornalismo Século XXI, adicado a ’50 anos de Televisión’, o xornalista Alfredo Amestoy dará unha conferencia o día 24 deste mes na Coruña, baixo o título: ‘Televisión, o crebacabezas’. Dita conferencia terá lugar na sede de Caixanova na Coruña, ás 20.00 horas.

Amestoy acadou unha enorme popularidade en TVE nas décadas dos sesenta e dos setenta, durante as que dirixiu e presentou numerosos programas, entre eles, Vivir para ver, que chegou a unha audiencia nunca antes conseguida en España.

No ano 1975, concedéuselle o Premio Ondas, xunto a José Antonio Plaza, polo programa 35 millones de españoles que ambos presentaban. 

Este ciclo de conferencias, inaugurado por José María Carrascal, quen falou sobre a evolución da televisión en España, terá como próxima cita o día 15 de Novembro, cando Tico Medina abordará o tema das corresponsalías.

Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático

Posted September 26th, 2007 in Formación by novosmedios

Do 17 ó 20 de Outubro, poderemos asistir en Aciveiro (Pontevedra) ó curso ‘Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático. Sistema político, actores sociais e cidadáns no tránsito á Sociedade da Información e do Coñecemento’. Continue Reading »

Aprender a comunicar a ciencia

Posted September 19th, 2007 in Formación, Publicacións by novosmedios

O 28 e 29 de Setembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o primeiro Foro de ‘Ciencia e Comunicación’ de Galicia, lugar de encontro e debate sobre o papel da comunicación científica na sociedade actual.

Organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a Consellería de Innovación e Industria e o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (in.ci.te) en colaboración coa Facultade de Comunicación de Compostela, este Foro traerá a Santiago a destacados divulgadores científicos e investigadores, así como a estudosos do ámbito da comunicación científica.

Aprender a comunicar a ciencia continúa sendo un reto dos profesionais da comunicación que sobre todo por medio da especialización están conseguindo facer máis próximas a linguaxe, a temática e os conceptos que se manexan no mundo científico. Gemma Revuelta, Francisco Díaz Fierros, Fernando Bouzas, José Pardina, Thomas Tydén, Carolina Moreno, Jorge Mira, Alicia Rivera, Luis Álvarez Pousa e Javier López, principais poñentes convidados, farannos partícipes durante estes dous días da importancia de que exista entendemento e proximidade entre ciencia e comunicación.

Podedes atopar máis información sobre este foro, facendo clic aquí.

Aberta a preinscrición para o curso: “CiberXornalismo. Producción de Contidos para a Rede”

Posted September 17th, 2007 in Formación by admin

Do 18 de setembro ao 11 de outubro estará aberta a preinscrición para o curso “CiberXornalismo. Producción de Contidos para a Rede” que imparten os profesores Xosé López, Marita Otero, Manuel Gago e Xosé Pereira na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Esta xa é a sétima edición deste curso de formación destinado a alumnos, licenciados e profesionais dos medios de comunicación que ten por obxectivos iniciar aos alumnos nas tecnoloxías de Internet e no desenvolvemento e creación de contidos xornalísticos para a rede.

Folleto con información para a inscrición e programa