Archive for the 'Formación' Category

O sábado clausurouse o curso “Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático” que a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) organizou no Mosteiro de Aciveiro (Forcarei-Pontevedra) os días 17, 18, 19 e 20 de outubro. Dito encontro reuniu a investigadores e docentes procedentes de España, Italia e Portugal e relacionados coas Ciencias da Comunicación e Política, que reflexionaron sobre as pautas que Europa, España e tamén Galicia teñen que asumir ante a reordenación que se está a producir no sistema mediático actual.

No seminario analizáronse diversos temas de actualidade como o desenvolvemento das novas tecnoloxías, o estancamento do audiovisual, a polarización política, a ausencia de identidade propia nos medios de comunicación, a prevalencia do mercado e tamén a ausencia de políticas públicas no sector audiovisual. Continue Reading »

O vindeiro luns 15 de outubro remata o prazo de presentación de propostas para o Congreso I+C Investigar a Comunicación, que se celebrará en Santiago de Compostela os días 30 e 31 de xaneiro e 1 de febreiro de 2008.

Os eixos temáticos deste congreso son fundamentalmente catro:

- I+C: democracia e cidadanía (Ponentes: Dan Hallin, Joseph Gifreu)
- I+C: políticas de comunicación e cultura (Ponentes: Joan M.Tresserras, Ramón Zallo)
- I+C: sociedade da información (Ponentes: Raúl Trejo, Imma Tubella, Tapio Varis)
- I+C: a creatividade e a produción de contidos (Ponentes: Elizabeth Cowie, Jorge Paixao da Costa, Règine Debatty)

Ademais, hay 5 áreas temáticas sobre as que os participantes poden realizar ponencias libres. Son as seguintes:

- Teorías e métodos da investigación en comunicación (Coordinador José L. Piñuel)
- Estudos de recepción (Coordinador: Manuel Martín Algarra)
- Estrutura dos medios (Coordinador: Juan Carlos Miguel)

- Estudos sobre o discurso (Coordinadora: Cristina Peña Marín)
- Tecnoloxías da comunicación e a información (Coordinadora: Rosa Franquet)

Para máis información sobre este congreso pode consultar a súa páxina web, ou ben dirixirse a: Facultade de CC. da Comunicación. USC. Avd. Castelao s/n 15782. Santiago de Compostela.Teléfono: +34 981 563 100 Ext. 16500 Fax: +34 981 547 086

Caixa Fórum organiza o iEnter: Xornadas sobre o entretemento audiovisual interactivo, que terán lugar en Barcelona os días 27 e 28 de febreiro de 2008.

O obxectivo deste encontro é o de avanzar nas relacións comunicativas que, con fins lúdicos, establécense entre os distintos participantes dos sistemas audiovisuais. Nun momento no que os cidadáns dos países desenvolvidos adicamos cada vez máis tempo e recursos a entreternos con produccións audiovisuais interactivas; faise necesario unha maior atención por parte dos investigadores en comunicación.

As comunicacións enviadas poderán abordar as seguintes temáticas:

- explicacións comunicativas, tecnolóxicas, industriais, culturais, antropolóxicas, económicas, psicolóxicas, sociais, lexislativas, filosóficas e artísticas do entretemento mediado nas sociedades actuais.
observación do comportamento comunicativo humano (v.g. os procesos de recepción, os estudos sobre as audiencias).

- análises sobre os usos e efectos comunicativos de cualquer formato interactivo que empregue como lenguaxes de expresión o son e a imaxe

Para participar no evento será preciso encher o formulario de inscripción e formalizar o pago antes do vindeiro 20 de xaneiro.

No marco do Ciclo de Conferencias Caixanova 2007 Xornalismo Século XXI, adicado a ‘50 anos de Televisión’, o xornalista Alfredo Amestoy dará unha conferencia o día 24 deste mes na Coruña, baixo o título: ‘Televisión, o crebacabezas’. Dita conferencia terá lugar na sede de Caixanova na Coruña, ás 20.00 horas.

Amestoy acadou unha enorme popularidade en TVE nas décadas dos sesenta e dos setenta, durante as que dirixiu e presentou numerosos programas, entre eles, Vivir para ver, que chegou a unha audiencia nunca antes conseguida en España.

No ano 1975, concedéuselle o Premio Ondas, xunto a José Antonio Plaza, polo programa 35 millones de españoles que ambos presentaban. 

Este ciclo de conferencias, inaugurado por José María Carrascal, quen falou sobre a evolución da televisión en España, terá como próxima cita o día 15 de Novembro, cando Tico Medina abordará o tema das corresponsalías.

Do 17 ó 20 de Outubro, poderemos asistir en Aciveiro (Pontevedra) ó curso ‘Europa ante o desafío da reordenación do sistema mediático. Sistema político, actores sociais e cidadáns no tránsito á Sociedade da Información e do Coñecemento’. Continue Reading »

novosmedios

Aprender a comunicar a ciencia

O 28 e 29 de Setembro terá lugar na Facultade de Ciencias da Comunicación o primeiro Foro de ‘Ciencia e Comunicación’ de Galicia, lugar de encontro e debate sobre o papel da comunicación científica na sociedade actual.

Organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a Consellería de Innovación e Industria e o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (in.ci.te) en colaboración coa Facultade de Comunicación de Compostela, este Foro traerá a Santiago a destacados divulgadores científicos e investigadores, así como a estudosos do ámbito da comunicación científica.

Aprender a comunicar a ciencia continúa sendo un reto dos profesionais da comunicación que sobre todo por medio da especialización están conseguindo facer máis próximas a linguaxe, a temática e os conceptos que se manexan no mundo científico. Gemma Revuelta, Francisco Díaz Fierros, Fernando Bouzas, José Pardina, Thomas Tydén, Carolina Moreno, Jorge Mira, Alicia Rivera, Luis Álvarez Pousa e Javier López, principais poñentes convidados, farannos partícipes durante estes dous días da importancia de que exista entendemento e proximidade entre ciencia e comunicación.

Podedes atopar máis información sobre este foro, facendo clic aquí.

O Grupo Novos Medios abre o prazo de preinsripción para a sétima edición do “Curso de Formación Contínua para Xornalistas: Ciberxornalismo, Produción de Contidos para a Rede”

O obradoiro, que se desenvolverá durante tres meses, ten como obxectivo iniciar a licenciados e profesionais en activo do campo da comunicación, na creación de contidos para a web.
A fase de inscrición para este curso queda aberta ate o vindeiro 11 de outubro.
As aulas, que comezarán o 25 de outubro, terán lugar todos os martes e xoves en horario de 19:00 a 21:00 horas.

Os interesados en formalizar a preinscripción deberán poñerse en contacto co Departamento de Ciencias da Comunicación:
Avda. Castelao, s/n.
15782 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 563100, ext. 16522
Fax: 981 547086
Correo electrónico: ccsec@usc.es

La Universidad de Londres prepara para el mes de abril la conferencia internacional “Politics: Web 2.0″ a la que se pueden mandar propuestas de comunicación hasta el mes de noviembre.

¿Ha habido una cambio en el uso político del Internet y de los nuevos medios digitales? ¿La Web 2.0 ha generado una nueva política basada en los valores de los participantes? ¿La Web 2.0 obstaculiza o ayuda a crear una ciudadanía democrática?

“Politics: Web 2.0″ es un punto de encuentro de investigadores para el análisis de perspectivas en este contexto.

Para más información consultar la web de la conferencia: http://newpolcom.rhul.ac.uk

O Institut d’Educació Continua da Universidade Pompeu Fabra programa para distintas datas comprendidas entre o 2 e o 20 de Xullo un total de 21 cursos vinculados con tres grandes áreas: Xornalismo, Comunicación Audiovisual e Comunicación nas organizacións. Para inscribirse nos cursos, cómpre ser licenciado, diplomado ou ter superado o primeiro ciclo de calquer estudo universitario.

Continue Reading »

A Universidade Internacinal Menéndez Pelayo organiza o obradoiro orientado cara as novas tecnoloxías radiofónicas

O curso de Cración Radiofónica, deseñado en foramato de obradoiros impartidos por varios docentes, está orientado a exercitar os aspectos técnicos e metodolóxicos da autoedición e autoprodución de programas.
A finalidade é traballar entorno a programas alternativos aos propios da radio convencional, dotando aos alumnos das ferramentas necesarias para aproveitar as potencialidades do medio e incidir na cultura e a sociedade contemporáneas.

No curso crearanse cápsulas radiofónicas partindo da revisión da elaboración da información, empregando practicas que renovan os formatos e os xéneros propios do medio.

O curso desenvolverase entre o 2 e o 6 de xullo en A Coruña.

Podes formalizar a túa matrícula a través da web da UIMP.

« Prev - Next »