[lang_gl]A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC acollerá o “Foro Internacional sobre Economía e Xestión da Comunicación”[/lang_gl][lang_es]La Facultad de Ciencias de la Comunicación de la USC acoge el “Foro Internacional sobre Economía e Xestión da Comunicación”[/lang_es]

Posted July 12th, 2010 in Congresos e eventos, Novidades do grupo by xpereira

[lang_gl]O Grupo de Investigación Novos Medios da Facultade de Comunicación da Universidade Santiago de Compostela reunirá o 16 de Xullo na capital galega a diferentes estudosos e investigadores da comunicación. Estes participarán nunha sesión científica de estudo, análise e debate sobre “O Novo Panorma Comunicativo”. O foro está dirixido polos profesores Xosé López García e Francisco Campos Freire.

Os participantes do Foro, chegados dende diferentes países, tentarán aportar a súa visión particular sobre a situación global dos novos panoramas comunicativos. O horario de apertura da sesión e das poñencias empeza ás 8:30, prolongándose a xornada até a última das palestras que dará fin ó redor das 20:30. Todos os actos correspondentes a este evento desenvolveranse na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, situada no Campus Norte da propia Universidade.

Acordo do grupo Novos Medios con Torres y Carrera

Posted July 12th, 2010 in Novidades do grupo by xpereira

O grupo de investigación Novos Medios chegou a un acordo coa empresa de Comunicación Torres y Carrera para a elaboración do informe ‘O valor do silencio’, da que será co-director o profesor Xosé Pereira. O grupo Novos Medios será o encargado de facer unha análise das tendencias definidas polos principais editores de medios do mundo e de localizar as informacións que resultaron nacer de datos non confirmados e que aconteceron no ano pasado.

Trátase da terceira colaboración que o grupo de investigación e a empresa realizan para a redacción de estudos, de carácter reflexivo, sobre a situación da comunicación no mundo. O traballo que finalizará no primeiro trimestre de 2011 abordará a relación entre comunicación e ruído, o paradigma dos medios e a comunicación sostida.

No primeiro caso o informe reflexionará sobre as posibles informacións erróneas que se poden chegar a publicar nos medios de comunicación, mentres que no apartado relativo aos paradigmas dos medios abordarase a nova situación dos medios de comunicación, tecnoloxías e posibilidades ofrecidas aos usuarios. Finalmente, no relativo á comunicación sostida, tratarase a importancia da información ben elaborada e proporcionada aos acontecementos.