100 interesantes blogs sobre xornalismo

Posted June 30th, 2009 in Formación by carlos

O sitio Bachelor’s Degree Online publica un listado cos que considera os 100 mellores blogs sobre para os estudantes de xornalismo. Sen dúbida, trátase dalgunhas das máis interesantes bitácoras sobre xornalismo categorizadas segundo o público obxectivo (categoría para educadores, por exemplo) ou segundo a temática (categoría dedicada aos novos medios).

Para acceder ao listado non tedes máis que premer neste enlace.

I Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0 en novembro en Bilbao

Posted June 22nd, 2009 in Congresos e eventos by carlos

Os próximos 11, 12 e 13 de novembro celebrarase en Bilbao o I Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0 organizado pola Universidade do País Vasco.

As Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) asociadas a Internet teñen provocado moitos cambios na nosa sociedade e, consecuentemente, tamén o xornalismo se viu afectado. Coa irrupción das novas tecnoloxías, os cidadáns reclaman espazos onde opinar e facer públicos os seus puntos de vista ao tempo que mostran a necesidade de interactuar coa información. Son os medios de comunicación os encargados de xestionar esta participación cidadá a través das diferentes ferramentas aloxadas nas súas webs.

Este congreso pretende explorar a morfoloxía da coñecida como web 2.0 para poder entender de xeito global a revolución da participación cidadá na información a través dos medios de comunicación. Para inscribirvos e atopar máis información, visitade a páxina oficial do I Congreso de Ciberperiodismo y Web 2.0.

Xa se pode consultar a hemeroteca da Biblioteca Británica na rede

Posted June 19th, 2009 in Industria e empresa by carlos

A Biblioteca Británica vén de dar acceso aos seus arquivos hemerográficos a través da rede. Máis de dous millóns de páxinas de 49 xornais británicos dó século XIX e de principios do XX están a disposición de todo aquel que queira consultalas. Se ben a busca de textos é gratuita, aquelas persoas que queiran acceder aos artigos deberán acudir a institucións que estean suscritas ou aterse a unha das fórmulas de pago individual:

- 6’99 libras (8’20 euros) o acceso a 100 artigos durante 7 días
- 9’99 libras (11’73 euros) o acceso a 200 artigos durante 7 días

Resulta interesante, sen dúbida, poder acceder ás páxinas dos xornais que describiron algúns dos acontecementos máis importantes da época e que fixeron, a través dos seus artigos, unha radiografía da sociedade do momento.