Durante os días 22 e 23 celebrouse en Barcelona, na Facultat de Comunicació Blanquerna da Universitat Ramon Llull, o V Congreso Internacional Comunicación y Realidad.

As sesións do encontro estiveron distribuidas en torno a tres eixos de discusión centrais: La hibridació de la informació por unha banda, Metamorfosi de l’espai mediàtic: mitjans de comunicació i democràcia (De les masses als públics) por outra banda, por último Generació digital: oportunitats i riscos dels públics. La transformació dels usos comunicatius.

Unha vez que os participantes expuxeron as súas comunicacións certos aspectos do panorama comunicativo saíron á luz e foron motivo de debate. Así, constatouse que o final da cultura de masas xa está aquí e que os mass media deixaron paso aos self media, medios personalizados e adaptados ás necesidades duns públicos cada vez máis heteroxéneos.

O papel de Internet neste cambio é crucial, xa que permitiu a aparición de moitas experiencias novas no ecosistema comunicativo nun contexto de metamorfose social onde a importancia das TIC é claramente definitoria.

Neste contexto onde as TIC son pedra alicerce dos cambios socias e Internet se sitúa moitas veces no epicentro do dinamismo social, pódese observar como distitnas xeracións de individuos converxen na rede. Porén, este feito non implica a aparición dunha sociedade universal de diálogo, senón que moitas desas xeracións ou colectivos acaban constituíndo comunidades autoreferenciais, pechadas, dando lugar a un curioso paradoxo: a máxima apertura comunicativa que supón Internet pode acabar debuxando un mapa mundial de colectivos pechados.

Co furacán de cambios e transformacións sociais que a sociedade está a vivir -moitos deles provocados polas TIC e, máis concretamente, nacidos na rede Internet- é complicado aventurar de forma taxativa os roteiros polos que o futuro levará aos medios, aos profesionais e á sociedade.

Trackback URI | Comments RSS

Leave a Reply