carlos
Apr 21st, 2009
Apr 21st, 2009
Rocky Mountain News, outro xornal ao que a crise afogaThe crisis drowns the Rocky Mountain News
Final Edition from Matthew Roberts on Vimeo.
O Rocky Mountain News, a cabeceira máis vella de Colorado, nos Estados Unidos, pechou o pasado 27 de febreiro logo de 149 anos e 311 días de existencia. A empresa Scripps, propietaria do xornal de Denver, decidiu poñelo en venta ante a imposibilidade de facer fronte ás perdidas acumuladas de máis de 16 millóns de dólares no ano 2008, pero non atopou comprador. Matthew Roberts, editor multimedia do xornal, elaborou este vídeo que recolle entrevistas a algúns lectores, xornalistas e editores e serve de despedida dun dos símbolos da crise da prensa.