Jan 30th, 2009
Unha conversa sobre cibermedios con Marcos Foglia
En realidade, quería ser un experimento un pouco diferente ao que ides ver. Co amigo Marcos Foglia, xerente de contidos de Clarín, que é o grupo de comunicación arxentino propietario do cibermedio con máis audiencia de América Latina, clarin.com, nos sentamos diante dun ordenador no Grupo de Novos Medios da USC cun obxectivo: ir comentando sitios web inspiradores para novos formatos de comunicación. Por un fallo técnico derivado da miña inexperiencia co software, esa última parte non se gravou; aínda así, quédannos catro minutos nos que Marcos nos comenta as cousas nas que anda a investigar en Clarín con grupos de análise: como as tradicionais marcas de medios de comunicación valen ben pouco para os grupos de novos lectores, e como a clave do deseño e concepción de novos produtos dixitais está, principalmente, na simplicidade.