Oct 31st, 2008
A importancia de non descoidar a sección About Us
O Nielsen Norman Group vén de publicar un informe no que demostra a importancia de prestar a atención necesaria á hora de presentar a información dunha compañía na súa web corporativa.
O informe “About Us”: Usability Guidelines for Presenting Company Information on Corporate Websites de 253 páxinas é o resultado de dous estudos feitos cun intervalo de cinco anos, de cuxos resultados dedúcense as liñas de usabilidade propostas no documento. En total foron evaluadas as webs de 63 corporacións divididas en cinco grupos: grandes compañías, medianas compañías, pequenas compañías, axencias gobernamentais e ONG’s. Para a avaliación asignouselles a un grupo de usuarios de diferentes perfís unha serie de tarefas ampliables e dirixidas.
O informe apunta á importancia de crear unha sección con información da compañía fácilmente localizable e con catro niveis de información: resumo nunha frase da actividade da compañía, sumario cos obxectivos e logros, sección cos puntos craves e feitos esenciais da actividade da compañía e páxinas secundarias con información detallada.
Entre as guías de usabilidade propostas polo informe destacamos:
- A necesidade de crear unha boa impresión nos primeiros 30 segundos
- Incluír un resumo de obxectivos na sección que informen rápidamente sobre a actividade da compañía
- Incluír un histórico dos logros da compañía preferiblemente usando unha liña de tempo
- Incorporar información de contacto detallando a dos directivos e principais cargos da compañía
- Facer uso de fotografías ou videos que reforcen a imaxe da compañía
- Recordar outras guías básicas de usabilidade como facilidade na navegación, distinción clara de links visitados e non visitados, …