Archive for June, 2008

O programa Shaping the future of the Newspaper da Asociación Mundial de Editores de Periódicos produciu en marzo un interesante informe: The value of news content (aquí pódese descargar o resumo executivo). “O hipercompetitivo escenario de medios e un mercado conducido polo consumidor están a crear unha oportunidade para que as compañías de xornais maximicen a Cadea de Valor do contido para ser máis eficiente e obteña beneficio”, advirten os redactores. O informe contén algunhas recomendacións ben interesantes sobre o escenario actual: están moi orientadas ás grandes compañías de comunicación pero teñen reflexións interesantes tamén en pequenas e medianas empresas e medios, especialmente no caso de pequenos ecosistemas mediáticos nos que as institucións públicas teñen un importante peso comunicativo. Vin tres ideas suxestivas:

1. Novo ecosistema de medios, e a capa básica de información

O máis interesante do informe é as advertencias que fai nas transformacións do Ecosistema de Medios. No novo ecosistema, hai un fluxo de información e contidos xeral, mil veces replicado en todo tipo de plataformas e que usuario topa continuamente e sen dificultade. É a “commoditized information“, a materia prima de alto consumo e alta dispoñibilidade. No novo contexto de Internet esta capa está asegurada por múltiples puntos e os medios que aspirasen a incrementar a súa cadea de valor deberan dala, principalmente, por suposta e asumir que carece, practicamente, de valor de mercado e retorno económico. É dicir, toda a maraña de notas de prensa, notas de axencia, comunicados oficiais e titulares replicados ao longo dos medios.

A diferencia, para o informe, está noutro tipo de información especializada no usuario final. Se no modelo anterior o “xuízo das noticias”, a súa avaliación e estimación por parte dos profesionais do xornalismo, conducía o desenvolvemento do contido, no novo modelo este papel descende, e é o enfoque na audiencia o que orienta a produción de contido.

A plasmación é bastante máis operativa, e baséase nunha maior especialización e diferenciación nun contexto de réplicas case instantáneas de determinados contextos informativos. Segundo o informe, é preciso achegarse máis ao concepto de información personalmente relevante. Por suposto, traballar nun cibermedio con conceptos persoais require unha reestruturación moi delicada da arquitectura da información do sitio e do xeito no que traballan os xornalistas.

2. Valores, lealdade e percepción de cibermedios alén do consumo de contidos

O informe ademáis inclúe referencias a unha investigación levada a cabo por The Readership Institute da Universidade de Northwestern na que se busca saber que é o que traslada o cibermedio alén da propia satisfacción da lectura do seu contido, é dicir, que experimenta o usuario que acude fielmente a unha cabeceira. Entre as respostas, os investigadores identificaron varios temas recurrentes:

  • O sitio tócame e expande a miña visión
  • Conéctame con outros
  • Paga a pena gardalo e compartilo
  • Faime máis smarter (listo, espabilado)
  • Entretenme e absórbeme
  • Está adaptado a min

3. Consolidación de novos formatos, posibilidades e conceptos nos cibermedios máis destacados:

Segundo un informe de The Bivings Group, determinados conceptos e formatos están a consolidarse nos cibermedios, comezando a formar un estándar que achega unha radiografía moi valiosa da estrutura dos cibermedios actuais:

Manuel Gago

Moodstream is a new tool which creators define as a utility to generate inspiration. His conception like online tool  is not very different from other experiences that we know in that from a database in which audio-visual contents are stored by tags, they are recovered generating more or less attractive or curious presentations. The interesting thing of Moodstream is the way used to reach users. Not being far in conception from other experiences selled as devices of easing online, Moodstream presumes to be a useful tool to generate inspiration, an inspiration that will take us for unexpected ways. Undoubtedly the new thing is the way in which its creators have present it to the public.

A msnbc vén de lanzar Spectra, unha ferramenta construída en Flash que permite aos usuarios redefinir o concepto de “ver información” grazas á posibilidade que dá de construír un contorno orbital tridimensional. O Spectra permite aos usuarios configurar o contorno informativo a través de múltiples canles que aportan información temática, ás que se pode acceder a través dos titulares e imaxes que acompañan a cada unha das etiquetas que se moven na órbita definida polo usuario. É esta unha interesante experiencia na busca de novos formatos informativos.