Archive for Novembro, 2007

A Academia Galega do Audiovisual organiza os días 29 e 30 de Novembro un Foro sobre a televisión dixital en Galicia, que terá lugar no Hotel NH Obradoiro, en Compostela. “A televisión dixital en Galicia: novas perspectivas, novos servizos” é o título deste foro que permitirá o encontro de expertos a nivel estatal e galego, co obxecto de debatir sobre a implantación da televisión dixital e as súas perspectivas de futuro.

Debatirase sobre as fontes de ingresos, os atrancos e as vantaxes que pode aportar a televisión dixital. En Galicia, os beneficiarios das 49 licenzas de TDT (4 autonómicas e 45 locais) asumiron compromisos de especial relevancia como o investimento de 150 millóns de euros, a creación de 1.500 postos de traballo e unha alta emisión de contidos en galego.

Os interesados en coñecer o programa e achegarse a este debate, poden informarse aquí.

novosmedios

www.ecrea2008barcelona.org

Toda la información sobre la Segunda Conferencia Europea de Comunicación ECREA 2008 ya está disponible en una página web, que se acaba de estrenar recientemente. ECREA organizará esta conferencia en Barcelona junto con la Facultad de Ciencias de la Comunicación de la UAB y el Instituto de la Comunicación (InCom-UAB).

Este evento, que se celebrará los días 26, 27 y 28 de noviembre de 2008 (de miércoles a viernes), tendrá como tema central las Políticas de Comunicación y la cultura en Europa y reunirá “aproximadamente un millar de especialistas que analizarán el papel de los medios de comunicación en el mundo actual, con especial referencia a los retos europeos”, tal y como se informa en la página web.

El plazo para el envío de propuestas se abrirá el próximo 1 de diciembre y el programa se puede consultar aquí.El European Communication Research and Education Association (ECREA) se creó en 2005 como resultado de la fusión de las dos asociaciones europeas principales de investigadores de comunicación, el European Communication Association (ECA) y el European Consortium for Communications Research (ECCR) y tiene como objetivos principales:

- Fomentar y difundir en el marco europeo el desarrollo de la investigación sobre los diferentes ámbitos de la comunicación, así como promover el interés por la investigación sobre comunicación dentro de y entre los Estados miembros de la Unión Europea
- Promover un foro de encuentro y de intercambio de información entre los investigadores en el campo de la comunicación y facilitar la comunicación y la cooperación entre los miembros de la Asociación
- Dar apoyo y favorecer la publicación del trabajo de investigación de jóvenes investigadores en Europa
- Tener en cuenta la diversidad de culturas y lenguas en Europa
- Desarrollar, mejorar y promover la educación sobre comunicación y medios de comunicación

Esta foi unha das moitas e interesantísimas consideracións que fixo o analista estadounidense Rick Edmonds na conferencia organizada por La Voz de Galicia 

Rick Edmonds, un dos gurús que traballa no Poynter Institute, estivo esta semana de visita en Galicia e, concretamente, ofreceu unha conferencia no Museo da Prensa da Voz de Galicia baixo o título ‘Os News Media: as grandes transformacios e os grandes retos’. Sen dúbida foi unha ocasión única para coñecer de primeira man a opinión dunha das voces máis contrastadas e autorizadas sobre o tema.

A posible desaparición dos medios impresos tal e como hoxe os coñecemos, o grado de culpabilidade que se lles impón no asunto aos medios dixitais, o papel que xoga a publicidade no asunto e o panorma xeral nos Estados Unidos foron os temas que centraron o encontro.

Continue Reading »

novosmedios

A información de xénero, a debate en Lugo

O tratamento da información de xénero polos medios de comunicación será o eixo condutor dunha xornada organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Observatorio Galego dos Medios (OM), que terá lugar o día 24 deste mes no Centro Cultural Uxío Novoneyra de Lugo.

En vésperas do Día Internacional contra a violencia de xénero, o CPXG propón unha reflexión sobre o papel dos medios de comunicación como normalizadores das cuestións de xénero. De 9.30 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 horas, sucederanse unha conferencia e tres mesas de traballo na que paticiparán xornalistas, investigadoras, avogadas e integrantes de asociacións de mulleres que debatirán sobre a situación actual da información de xénero nos medios.

Para realizar a inscrición e obter máis información ó respecto, podes clicar aquí.

O informe anual sobre o desenrolo da Sociedade da Información en España, e-España 2007, editado pola Fundación Orange, revela que, a pesar do apoio por parte do sector público ten aumentado considerablemente, España avanza na Sociedade da Información de forma lenta e perde posicións relativas con respecto ao crecemento dos países do noso entorno inmediato.

España atópase, en concreto no posto 20 do ranking europeo e malia que recorta distancias frente a Alemania ou o Reino Unido, alónxase dos países punteiros, coma son Islandia e Finlandia, e mesmo se ve superado por Lituania, Letonia, Eslovenia e a República Checa. En canto ás TIC, se ben a posición de España (posto 22) amosa unha debilidade relativo do sector no noso país, os datos de Acceso ás TIc amosan unha mellora respecto do informe do ano pasado, situando á nosa nación no posto 16 no rankin europeo. Finalmente, o Emprego das TIC revela un retraso moi evidente (posto 25) en apartados coma comercio electrónico, seguridad en transaccións e navegación, formación de traballadores…

O informe sinala que ” a situación actual amosa un empeoramento xeral da nosa posición relativa e plantea dúbidas acerca do cumprimento de algúns dos obxectivos da Axenda de Lisboa”, coma o gasto total en TIC en % do PIB ou a porcentaxe de fogares con acceso a Internet, o que amosa a necesidade de realizar esforzos presupostarios para deter esta tendencia. Así, no espazo comprendido entre 2006 2 2010 o “Plan Avanza” ten previsto canalizar inversións públicas por un total de 5.700 millóns de euros, máis as aportacións de Comunidades Autónomas, entidades locais e outras institucións.

Un dos obxectivos do Plan Avanza é alcanzar a converxencia da Sociedade da Información das distintas Comunidades Autónomas, pero o proceso de converxencia ten resultados desiguais en España. Por exemplo, ten aumentado a diferencia entre as Comunidades con maior e menor grado de desenrolo, Madrid e CAntabria, respectivamente, e mentras que Asturias, Aragón, Andalucía, Castilla-La Mancha, Galicia, Extermadura e a Comunidade Valenciana están converxendo e acercándose ás Comunidades máis desenroladas, Navarra, Euskadi, La Rioja, Castilla y León e Cantabria perderon posicións en termos TIC.

En canto aos aspectos positivos do Informe, España ocupa unha destacada posición en Europa en canto ao uso de aplicacións Web 2.0, sendo claramente lider no emprego de mensaxería instantánea, telefonía por Internet, Podcasting e creación de blogs. Ademais, a telefonía móbil continúa a ser o auténtico catalizador do sector TIC, cunha constante inversión en redes e cunha gran evolución da portabilidade. De feito, España consolídase no grupo de países con un maior grao de desenrolo da telefonía móbil no mundo, con máis dunha liña por cidadán, por diante de outros países con maior renta ou grao de avance tecnolóxico, como Alemania, Francia ou Estados Unidos.

Santiago de Compostela foi o lugar escollido polos organizadores para celebrar a última sesión da TechBusiness Week 2007, que neste caso trataba o tema Managemente e Sociedade da Información. O evento, promovido pola Fundación Sabiria e organizado polo Foro e-Gallaecia, leva dende o ano 2001 tentando achegar novas perspectivas dinamizadoras sobre a Sociedade da Información asentado na necesidade de evitar que a fenda tecnolóxica da que moitos analistas falan cobre novas vítimas. A TechBusiness Week tenta achegar a funcionalidade das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) á Sociedade da Información para conseguir unha conexión entre os obxectivos e necesidades dos cidadáns e as case inesgotables posibilidades que ofrecen hoxe en día as TIC.

A xornada da mañá concluíu coa comparecencia de Arsenio Escolar, director do xornal gratuíto 20minutos, quen presentou certas liñas seguidas polos usuarios e lectores dos xornais en xeral e do que el dirixe en particular. Escolar defendeu en todo momento a imparcialidade do xornal 20minutos fronte aos poderes político e económico e asegurou que “un redactor do meu medio pode votar a quen queira e pode ter a ideoloxía que prefira, pero o lector ten dereito a que esta non se poña de manifesto nun texto escrito ou nun titular”.

Escolar falou na parte final da súa intervención da idea da desaparición da prensa en papel tal e como hoxe a coñecemos. O director de 20 Minutos chegou a asegurar que o novo consumidor de medios vai directo á pantalla, xa non só non merca xornais, senón que tampouco os le en papel. Porén, o xornalista burgalés considera que a prensa en papel ten futuro, tanto os medios de pago coma os gratuítos, sempre e cando evolucionen e acepten as transformacións que a Sociedade da Información impón a través dos seus novos hábitos de consumo de medios de comunicación.

La Escola Politècnica Superior d´Enginyeria de Vilanova i la Geltrú será la sede de la quinta edición del seminario de periodismo digital los días 17, 18,19 y 20 de noviembre. 

En esta edición el tema central será la participación de los ciudadanos en la elaboración de los contenidos: “Este año queramos centrar nuestra atención en una tendencia que se está generalizando por momentos: la producción de la información por parte de los ciudadanos dentro y fuera de los medios de comunicación profesionales”. En los días en los que se celebrará este evento, se analizarán las consecuencias, oportunidades y retos que supone esta tendencia.

El programa se puede consultar en el siguiente enlace: http://www.mitjansdigitals.org/cas/mitjansdigitals_seminari_cast.htm

O Consello da Cultura Galega organiza o foro de debate “Medios de Comunicación e Identidade” que se celebrará en Santiago os días 10 e 11 de decembro.

O protagonismo dos medios na construcción identitaria e na difusión da lingua e a cultura propias é indiscutible. É por este motivo que o Consello da Cultura Galega centra dende hai anos a súa atención no desenvolvemento do sistema mediático galego.

No ano de conmemoración do primeiro centenario do nacemento de A Nosa Terra o foro de debate “Medios de comunicación e identidade” pretende ser un espazo de reflexión sobre cuestións fundamentais como: os desafíos das nacionalidades históricas e os medios de comunicación ou o papel determinante da lingua e dos medios na construcción das identidades.

O foro terá lugar os días 10 e 11 de decembro na sede do Consello da Cultura Galega no Pazo de Raxoi, en Santiago de Compostela. Nel participarán varios membros do Grupo Novos Medios como Francisco Campos e Xosé Ramón Pousa, ademais doutros destacados investigadores e profesionais do sector.

Para máis información: www.consellodacultura.org