A rede é un contedor de información e contidos que se enche a pasos de xigante. A xestión, organización e categorización deses contidos é a única vía para que os usuarios cheguen a eles e non queden esquecidos ou perdidos. Actualmente son moitos os esforzos que os programadores poñen neste senso: o desenvolvemento das folcsonomías e mashups adicados a este fin é exemplo disto.
Sen embargo a innovación e renovación de interfaces faise imprescindible para que o esforzo posto no desenvolvemento destas novas tecnoloxías sexa aproveitado ao máximo.
Liveplasma é un exemplo de como unha boa categorización pode facilitar ao usuario chegar a contidos do seu interese, aos que probablemente non chegaría de facer unha busca persoal cun método tradicional. Iniciativas como esta non son só exemplo das posibilidades de navegación que nos ofrece a rede; senón que evidencian a potencialidade que estas teñen para dar valor engadido aos novos modelos de negocio das industrias culturais, que si o si deben ir emerxendo en Internet.

Esta é unha das principais ideas que se recolleu do curso de verán organizado pola USC. Internet está a propiciar tamén unha redefinición do concepto de medios que a sociedade tiña ata o momento. A comunicación interactiva, a televisión 2.0, a implantación da TDT en Galicia, a web TV, a converxencia dixital, os novos modelos de negocio os cibermedios e a radio e a televisión multimedia foron os temas que centraron os catro días nos que se realizou o curso de verán da USC “TV Dixital Terrestre e por Internet”
Algunhas das ideas e impresións sobre os diferentes aspectos tratados no curso recóllense a continuación:
- Rosa Franquet, Catedrática de Comunicación Audiovisual da UAB, resaltou que hoxe en día, o grao de penetración que ten a televisión non o teñen outros medios de comunicación e esta situación parece que non vai cambiar sustancialmente nos próximos 10 anos. Ese grao de penetración posibilita novas fórmulas de comunicación, como é o caso da web-TV. Neste caso, a interactividade televisiva considérase unha posibilidade de renovación da TV e permite agregar valor ós servizos de televisión. Ademais tamén hai que coñecer as limitacións das plataformas, xa que é a única vía para explotar con eficiencia as súas potencialidades.
Continue Reading »
Outro dos temas principais que se abordou no curso de verán da USC foi o da TDT autonómica e local que abriu un amplo debate no que interviron Xesús Iglesias (director da TVG), Carlos Carballo (Televoz), Rafael Ramos (COPE), Luis Pérez (Correo TV) e Javier Otero (Localia).
Tódolos representantes dos principais medios audiovisuais galegos amosaron unha visión un tanto pesimista sobre o futuro da Televisión Dixital Terrestre autonómica e local xa que consideran que a nova televisión implicará, sobre todo, moitos gastos e que precisará de fortes inversións. Ademais, sobre a posible traxectoria da TDT afirmaron que o seu será un futuro incerto debido ó elevadísimo custe da rede. Por iso reclamaron o apoio institucional, que é clave para poder poñer en marcha este proxecto. Neste caso, Rafael Ramos (COPE) afirmou que a axuda da Administración é vital porque cubrir Galicia custa doce veces e media máis que cubrir Murcia e a audiencia non é maior.
Pola suá parte, Carlos Carballo (Televoz) explicou que existe un escaso esforzo da Administración para a implantación da nova televisión e que para rentabilizar un operativo de semellante envergadura fai falla tempo, tempo do que non de dispón.
Continue Reading »
O concepto que tiñamos ata o de agora da televisión ten que mudar. Dentro do curso de verán “Tv Dixital Terrestre e por Internet, Comunicación Interactiva e Hipermedia”, organizado polo Grupo de Investigación Novos Medios e celebrado recentemente na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela, representantes de Vivocom presetan a Web TV.
Internet está provocando unha redefinición do concepto dos medios de comunicación que tiñamos ata o de agora, e a televisión non podía quedar a un lado deste fenómeno. O 2006 foi o ano do vídeo por Internet, o desenvolvemento das novas tecnoloxías permitu que por fin sexa posible ver vídeo a través da rede con boa calidade e mesmo distribuido en directo. Con este panorama o desenvolvemento de novos conceptos de televisión por Internet era inminente.
Paralelamente á implantación da Televisión Dixital Terrestre e á planificación de novos servizos de interactividade en contidos televisivos distribuidos a través de diversos soportes e canles (telefonía móbil, televisión por cable, televisión dixital terrestre…); aparece a tecnoloxía IPTV que fai emerxer a Web TV.
Continue Reading »
A reunión da AEJMC terá lugar os días 9, 10, 11 e 12 de agosto en Washington DC.
A Association for Education in Journalism and Mass Communication (AEJMC)vén de convidar ao grupo de investigación Novos Medios a participar na súa reunión anual que, neste caso, se celebrará en Washington DC dende o día 9 ao 12 de agosto. Nesta ocasión, a temática na que se afondará xira arredor do tecido curricular nas facultades e escolas de xornalismo en América Latina con respecto ao ciberxornalismo, o seu presente e o seu futuro.
A AEJMC, que foi fundada no ano 1912 en Chicago e conta con máis de 3.500 membros espallados ao longo de todo o mundo, pretende asentar o máis posible os estándares da ensinanza en comunicación, axudar na construcción dunha sociedade multicultral e defender o dereito á liberdade de expresión no día a día.
Para obter máis información: www.aejmc.org