O prazo para a presentación de comunicacións remata o 30 de abril.
A Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação (SOPCOM) organiza o Congresso “Comunicação e Cidadania” na Universidade do Minho, en Braga (Portugal), que se celebrará do día 6 ao día 8 de setembro. O evento dá continuidade aos celebrados en anos anteriores en Lisboa, Covilhã e Aveiro e pretende afondar nas relacións de converxencia e retroalimentación entre comunicación e cidadanía.
A SOPCOM marcou como data límite para a presentación de comunicacións o 30 de abril, mentres que os que desexen asistir ao congreso poderán apuntarse ata o día 30 de xuño. Máis información e envío de comunicacións ou inscricións na páxina da Associação Portuguesa de Ciências da Comunicação.
O encontro terá lugar os días 20 e 21 deste mes de abril na Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra.
A Sociedade Española de Periodística organiza unha nova reunión científica baixo o título “La Periodística como disciplina universitaria: balance y perspectivas“. O obxectivo do encontro é debater a periodística dende diversas perspectivas e puntos de vista, así coma a relación desta cos novos e vellos medios, coa docencia ou coa cuestión dos xéneros xornalísticos.
A reunión estruturarase en torno a sesións plenarias e mesas de comunicación nas que participarán, entre outros, Alfonso Nieto, José Luís Martínez Albertos, Josep María Casasús, Mª Pilar Diezhandino, Javier Díaz Noci, Francisco Esteve, Juan Cantavella e Arturo Merayo.
O prazo de inscrición está aberto ata o luns 16. Máis información, aquí.
Do 4 de Maio ó 29 de Xuño na Universidade de Santiago de Compostela
A Facultade de Ciencias da Comunicación da USC abre a convocatoria para a terceira edición do Curso de Formación Continua: Comunicación de Crise. Dirixido a profesionais da comunicación o obradoiro ten como obxectivo aportarlles aos participantes os coñecementos e as ferramentas para planificar un protocolo de actuación durante unha situación de crise, tanto dende o punto de vista da comunicación interna, como externa.
O Grupo de Investigación Novos Medios, baixo a dirección de Miguel Túñez e a coordinación de Carmen Costa, organiza este programa formativo que inclúe módulos prácticos e teórico-prácticos. Entre os convidados para impartir os diferentes módulos destaca a asistencia de: Montse Quesada, catedrática da Universidade Pompeu Fabra; José Antonio Gómez Municio, Asesor da Presidencia do Goberno Español; Rosario de Mateo Pérez, Catedrática da Universidade Autónoma de Barcelona e Miguel Anxo García Álvarez, Psicólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.
Este curso será impartido todos os venres entre o 4 de maio e o 29 de xuño en horario de 16:00 a 21:00 horas. O prazo de preinscripción remata o vindeiro 18 de abril. Os interesados poden facer a súa solicitude a través dos seguintes contactos:
Carmen Costa: ccosta@usc.es
Miguel Túñez: mtunez@usc.es
Teléfono de contacto: 98156 31 00 Extensión: 16532
O informe Iberoamérica ante a Sociedade da Información, auspiciado polo Departamento de Análise e Prospectiva da Fundación France Telecom España, supón unha primeira aproximación ao grao de progreso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación en Iberoamérica. O obxectivo primixenio e cardinal desta análise monográfica é o de reflectir a situación actual dos principais indicadores que definen o avance do desenvolvemento da Sociedade da Información en cinco países da rexión: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e México-.
Aínda que os gobernos destas nacións están a traballar para dar solución aos tres grandes desafíos que han de acometer nos albores do século XXI: paliar a Fenda dixital, desenvolver a Administración electrónica e conseguir unha industria do software competitiva a nivel internacional, o certo é que os indicadores que definen a SI reflicten que a converxencia cos países máis avanzados aínda está lonxe. Continue Reading »