Descrición da actividade

Esta actividade trata de achegar a ciencia mediante dous obradoiros prácticos destinados a familiarizar ao cidadán de a pé coa vocación divulgativa dos medios de comunicación e as iniciativas, ferramentas, institucións e servizos dispoñibles en Internet que permitirán aos alumnos localizar información científica de forma rápida e proveitosa en Internet. A xornada pecharase cunha charla-coloquio aberta ás intervencións do público entre os protagonistas do fluxo de información científica (xornalistas, científicos, etc.).

Obxectivos da actividade

- Achegar ao conxunto da cidadanía as estratexias de difusión da actividade científica levadas a cabo polos medios de comunicación.

- Formar aos participantes na actividade en estratexias de búsqueda que lles permitan acceder a información científica fiable e de calidade, fomentando en todo momento un espíritu crítico.

- Visibilizar as actividades de I+D+I e os resultados que delas se derivan.

Directores
Xosé López García
Secretario
Moisés Limia Fernández
Organiza
Grupo Novos Medios

 

PROGRAMA DO CURSO

9.30h. Entrega de documentación

10.00h. Divulgación científica en Internet

Álex Fernández Muerza
Creador e editor de e-ciencia.com

Presenta: Moisés Limia
Investigador USC

11.30h. Pausa

12.00h.A ciencia nos xornais

Raúl Romar
La Voz de Galicia

Henrique Neira
Galicia Hoxe

Sandra Rodríguez
Axencia Galega de Noticias

Modera: Carlos Toural
Investigador e prof. USC

 
¿Como podes inscribirte no curso?

Rexistro

O rexistro farase exclusivamente de xeito electrónico. Accede ao formulario: rexistro online.

Prazo de inscrición

O prazo de inscrición remata o día 10 de novembro de 2009.

Custo da matrícula

A matrícula no seminario é gratuíta.

Prazas dispoñibles

O seminario dispón de 25 prazas para asistentes, que serán outorgadas ás 25 primeiras persoas que se inscriban no curso.

 
 
   
       
COMUNICAR A CIENCIA. OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E A DIVULGACIÓN DO COÑECEMENTO
Organiza: Grupo de Investigación Novos Medios
Facultade de Ciencias da Comunicación. USC. Avda. de Castelao, S/N. 15782. Santiago de Compostela
Tlf.: +34 981 563 100 Ext. 16572 | Fax: +34 981 547 086 | Mail: moises.limia@usc.es